Tras ser premiado en Málaga o filme do director ourensán Emilio Fonseca chega aos festival Play-Doc, antes de ir ao Festival de Guadalajara en México. A cinta tenta "repensar a categoría do salvaxe dende este apocalipsis climático”.
O TSXG cre que existen suficientes indicios que proban as deficiencias da avaliación ambiental do polígono eólico proxectado na Costa da Morte.
  comenta   0
O PP pide retirar o lobo do catálogo de especies especialmente protexidas. Consideran que este cánido salvaxe é un perigo para a gandaría en extensivo e para outro tipo de animais domésticos. Por outra parte, os movementos ambientalistas apuntan un nesgo partidista aproveitando a cuestión do lobo como unha nova vía de ataque contra o Goberno central.
  comenta   0
O Partido Popular levará ao Senado unha moción para solicitar ao Goberno Central a exclusión do lobo da Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (Lespre) e que, en colaboración coas comunidades autónomas que máis padecen este problema e aos sectores implicados, realice un Plan de Xestión que faga compatible a súa conservación coa defensa dos intereses dos gandeiros.
  comenta   0
O Tribunal Superior de Galicia se basea en posibles "graves danos" ao medio ambiente que foron "sinalados previamente por informes rigorosos e imparciais".
  comenta   2
O Goberno galego celebra que a Comisión Europea "comparta e escoite a inquietude da Xunta" sobre a situación do lobo, de modo que avogue por rebaixar a protección desta especie.
  comenta   0
A esta liña de incentivos, hai que engadir as axudas destinadas á adquisición e instalación de valos fixos e as que teñen como obxecto a compra e mantemento de cans protectores, a adquisición de pastores eléctricos e a colocación de cercas con malla.
  comenta   0
O DOG publica as axudas concedidas para a produción e comercialización de produtos apícolas.
  comenta   0
Os responsables das rexións de Castela e León e Galicia ven "pouco adecuada" a posición do Goberno ao tomar medidas de forma "unilateral e en contra das comunidades autónomas", como fixo no caso do lobo.
  comenta   0
Joaquín Araujo (Madrid) é un naturalista, escritor, guionista, produtor e diretor de documentais sobre a natureza. Colaborador de Félix Rodríguez de la Fuente durante os setenta, recibiu o premio Global 500 da ONU e foi asesor de catro ministros. Participou este pasado 19 de setembro na presentación do libro 'O Devalo do Monte', unha obra fotográfica para denunciar os danos á paisaxe dos montes. Fala con GC sobre os eólicos, a crise ambiental, a polución ou os perigos de especies protexidas como o lobo.
  comenta   0
A Comisión Europea abriu este verán un período para que as partes interesadas remitisen datos para estudar a proposta de modificar a forma de controlar e xestionar a especie para reducir o conflito coa cabana gandeira.
  comenta   1
A oportunidade deste documento, indican, está xustificada polo novo escenario de análise e debate sobre o status do lobo que abriu á Comisión Europea.
  comenta   0
O responsable da área de desenvolvemento rural, Jacobo Feijoo, detallou que o lobo "non está" en perigo de extinción en Galicia e que "ninguén no rural" avoga pola súa desaparición, senón pola súa convivencia.
  comenta   0
Adega considera desproporcionada a emerxencia cinexética declarada pola Xunta. Cren que os xabaríns poden ser controlados polo seu depredador natural, o lobo.
  comenta   0
"O Goberno central faría ben se, como en tantas outras cousas, seguise o exemplo do que se fai en Galicia", defenden os populares, destacando que a comunidade conta cun plan de xestión do lobo desde 2009 que permitiu aumentar o número de mandas. Afirman que o lobo en Galicia non só non está en regresión, como asegura o Executivo estatal, "senón todo o contrario".
  comenta   0
Tamén comentou que espera que o Goberno estatal "aproveite a oportunidade" para achegar todos os datos actualizados dos que dispoña e que abandone a "política de non diálogo" coas comunidades autónomas e de "bloqueo" dos fondos dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) asignados para o lobo para este ano.
  comenta   0
A Comisión Europea recoñeceu este mércores a importancia dos lobos nos hábitats naturais, mentres os grupos de extrema dereita dos reformistas e conservadores e identidade e democracia alertaron de que o lobo se converteu en "unha ameaza para o gando e potencialmente para os seres humanos mentres os agricultores teñen prohibido defenderse destes ataques" e acusaron unha "hiperprotección" dos lobos en detrimento dos gandeiros alegando que xa "non é o lobo o que está en perigo de extinción, senón as persoas das zonas rurais".
  comenta   0
"Cada día se producen dez accidentes de tráfico en Galicia provocados por esta nova especie invasora, coa complicidade da Xunta", denuncia.
  comenta   0
Aclarou que "en España se dispón dos mecanismos de flexibilidade aos que se refire a presidenta von der Leyen, é dicir, dispomos de instrumentos legais dentro do plan de xestión para que no caso de que exista nun lugar determinado unha sobrepropagación ou existan unidades ou animais especialmente perigosos, poidan ser obxectos, previa autorización administrativa, da extracción correspondente".
  comenta   0
A recuperación da especie nalgunhas rexións europeas onde estivo "ausente durante moito tempo" está a xerar cada vez máis conflitos coas comunidades agrícolas e cazadores locais", explican os servizos comunitarios.
  comenta   0
É un elemento chave para a conservación da biodiversidade e do ecosistema e, a direrencia do que se publica en redes sociais e nalgúns medios, a súa presenza serve para manter a cadea alimentaria e evitar a sobrepoboación de xabaríns.
  comenta   0
A caza foi a principal arma que usou o Goberno galego para o control da especie, xa que tamén contribuía a calmar os ánimos dos gandeiros, pero foi usada de maneira errónea. Matar lobos non diminúe os ataques ao gando. Cantos máis lobos se maten máis aumentan os danos á gandaría, xa que non se ten en conta a xerarquía da manda para realizar as cazarías.
  comenta   0
O conselleiro cántabro de Gandaría, Pablo Palencia, quere reunir tras o verán aos seus homólogos de Galicia, Asturias e Castela e León para facer unha "posta ao día" conxunta sobre o problema do lobo, a xestión da especie e seguir reclamando ao Goberno central a saída da especie da Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (LESPRE), que é unha "prioridade absoluta".
  comenta   0
As prohibicións da súa caza e as políticas de protección dos especímenes fan que hoxe por hoxe o maior inimigo destes animais sexan o atropelo nas estradas.
  comenta   0
A Xunta de Galicia destina 370.000 euros para atender as solicitudes que cumprindo os requisitos se quedaron fóra das primeiras axudas por falta de financiamento.
  comenta   0
O directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, incidiu en que a Xunta non votou a favor da estratexia porque entende que o Goberno central "deixou de atender" cuestións como "revisar" a anterior.
  comenta   0
Desde o executivo autonómico cualifican de "chantaxe ideolóxica" a postura do Ministerio en canto á transferencia de fondos, "que vai en contra do procedemento legal establecido".
  comenta   0
Investigadores e propietarios advirten das dificultades económicas para manter aos cabalos salvaxes e as trabas institucionais. Os ataques de lobos, os eólicos e a falta de axudas poden rematar coa maior comunidade de cabalos salvaxes de Europa.
  comenta   1
Denuncian un "atentado ambiental" da Xunta con decenas de aprobacións nas últimas semanas. Prevén unha avalancha de alegacións e recursos xudiciais contra os proxectos.
  comenta   0