Ramón Chao, defensor da liberdade de prensa e reivindicador da lingua galega finou en Barcelona aos 82 anos.
Nacen LugoXornal, Xornal de Lemos e Xornal da Mariña, tres medios unidos co obxectivo de informar de todo o que acontece en Lugo, no Bierzo e no occidente de Asturias.
A este certame presentáronse 53 traballos. O artigo gañador será publicado en varios medios de comunicación, entre eles, Galicia Confidencial.
O manifesto “Nós non imos ficar caladas” reuniu este luns a Xurxo Souto, Margarita Ledo e Luis Pérez Barral nunha rolda de prensa en que reclamaron o papel dinamizador do programa Diario Cultural da Radio Galega.
O multifacético artista de Montealto, Coruña, subiu un manifesto ás redes "Nós non imos quedar caladas". Souto, que tamén foi subdirector de programas na Radio Galega durante o bipartito, debulla razóns para estar en contra dos cambios na grella de programación nesta emisora, da que di, non está cumprindo co mandado na lei de creación dos medios públicos galegos. "O Xabarín Club creou unha revolución xeracional", lembra.
Marilar Aleixandre, escritora, tradutora, bióloga e académica de número da Real Academia Galega analiza neste artigo o que realmente supón para a cultura e a programación da Radio Galega a supresión do Diario Cultural.
Xurxo Souto, o polifacético artista de Montealto, subiu á rede un manifesto en defensa de Diario Cultural e ao que convida a asinar. Souto, xunto con outros persoeiros, lembra á direción da Radio Galega o seu carácter público ademais de ter que ser garante para a difusión da lingua e cultura galegas.
Xentes da política, da cultura, o sindicalismo e doutros sectores sociais, están emitindo comunicados onde mostran a súa disconformidade coa decisión de modificar a grella da Radio Galega a partir do mes de setembro.
Suso de Toro, Diego Ameixeiras, Marica Campo, Samuel Solleiro, Paco Sarria ou Lara Rozados falan deste peche. O formato que funcionou durante case tres décadas desaparecerá a partir de setembro. A CRTVG transformarao un programa “máis transversal” con espazos semanais máis reducidos. Pero isto apunta a unha cuestión máis fonda segundo voces de traballadores e traballadoras.
Este venres estréase en Antena 3 “La noche de Rober” coincidindo en horario co programa Luar da Televisión de Galicia.
Veciños de Corcoesto acusan ao xornal e ao seu delegado de beneficiar e protexer ao rexedor popular José Muiño Domínguez tras iniciarse procedementos xudiciais contra el.
"Se non facemos política todos nós, fánnola, e se cadra non é a que nos gusta", di a xornalista galega que recolleu en Ferrol o Premio José Couso, preocupada por un mundo no que se vai "en contra das liberdades".
Quen foi o primeiro decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), Xosé María García Palmeiro, fai un percorrido polo estado actual da profesión. O Colexio entrégalle este xoves o premio José Couso á xornalista monfortina Julia Otero.
O ex conselleiro delegado do Grupo Voz e fillo do seu propietario, Emilio Rey, entra no medio catalán Economía Digital, mentres que o director de El Correo Gallego, José Manuel Rey Nóvoa, asume a presidencia do grupo Editorial Compostela. Xorde un novo medio colaborativo en Internet, adiante.gal .
LibreTeo organiza unha mesa sobre liberdade informativa con destacados xornalistas, entre eles, o director do Galicia Confidencial, Xurxo Salgado. Tamén participará por videoconferencia Hervé Falciani, o informático que destapou a famosa "lista Falciani" de evasión fiscal.
Tras incrementar un 106% o orzamento da campaña institucional do Día do Libro, o Goberno dobra agora tamén os cartos dedicados a publicidade nos medios polo Día das Letras Galegas, sumando en apenas un mes 718.000 euros en propaganda. Porén, mantén paradoxalmente conxeladas desde hai oito anos as axudas á tradución do libro galego e abandonou as editoriais nas feiras internacionais.
O showman impartirá un curso para “presentadores” que organiza a Fundación Araguaney e Atresmedia, a empresa que o acaba de contratar para outro programa en Antena 3.
Un estudo sobre os sistemas mediáticos de dez linguas minoritarias europeas evidencia o atraso do xornalismo en galego: os países cataláns multiplican por 12 e os territorios vascos por dous o número de medios en lingua propia que ten Galicia. Mentres alí a prensa é un piar fundamental para o idioma, aquí os xornais seguen xogando un papel residual e é a radio a que mantén maior compromiso coa lingua.
Investigadores galegos alertan da "presión publicitaria" á que se somete aos cativos. Case a metade da publicidade televisiva alimentaria en horario de protección infantil promove bebidas e comidas pouco aconsellables, sendo as bebidas azucradas o que máis se anuncia.
O Goberno galego leva xa destinados máis de 17 millóns de euros en campañas aos medios en distintas partidas 2017-2018, sen contar outros convenios das distintas consellerías. Na nova orde, a Secretaría Xeral de Medios, incorpora novidades con respecto ao uso da lingua galega, aumentando dun 8 a un 10% o seu uso.
Lara Méndez foi citada a declarar este mércores por un suposto delito de malversación polo atraso no cese dunha letrada municipal. Desde o concello din que chama a atención sobre "que se cuestione un prazo de dous meses para executar unha sentenza, tendo en conta que os procesos xudiciais están a alongarse durante anos e anos".