A Xunta destaca que o turismo en Galicia mantivo durante o pasado mes de maio o seu crecemento "sostido" ao alcanzar "o mellor dato de ocupación hostaleira desde que existen rexistros, superando así os récord dos últimos Xacobeos".
O coordinador do único Máster en Enerxías Renovables de España –na Universidade de Santiago de Compostela– analiza os escenarios de futuro e o potencial do país para producir enerxía limpa.
Volveron mobilizarse este xoves en demanda de “a igual traballo, igual salario”. A empresa de limpeza da Xunta empraza ao comité a unha nova xuntanza para eliminar as discriminacións por xénero.
Ángeles Vázquez ofrece "diálogo", pero avisa de que "se pode chegar ata onde se pode chegar". Galicia, di, está "preparada" para o alto risco de incendios, e a Xunta entrega 36 todoterreos e 560 'tablets' a efectivos
As vendas do sector servizos subiron un 8,4% en abril en Galicia en comparación co mesmo mes de 2017, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).
O presidente da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e alcalde de Vigo pide facer da Eurorrexión “unha das grandes áreas industriais de Europa”. “Sería unha revolución”, asegurou.
O presidente da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e alcalde de Vigo, Abel Caballero, propuxo á ANMP a creación dun tren de alta velocidade entre Porto e Vigo para facer desta eurorrexión "unha das grandes áreas industriais de Europa". "Sería unha revolución", asegurou.
Trece razas de vacas de diferentes partes do mundo criaranse na aldea de Trasmonte baixo o sistema gandeiro galego. Unha vez que rematen os anos de cría, Ames acollerá unha cata internacional onde os mellores chefs do mundo valorarán a calidade das carnes.
A falta de sardiñas ou xoubas, no comezo do verán prende todas as alarmas. Desde quen acusa o cambio climático ata quen ve manobras de todo tipo, incluidas as políticas. Autoridades pesqueiras e científicas ofrecen explicacións sobre a fluctuación na pesca da sardiña e como detrás dela pode estar tanto a man do ser humano como a da mesma natureza.
O Foro Económico destaca a "forte tendencia" de aumento do PIB, pero prevé "dúbidas" no segundo semestre pola "desaceleración" europea
Un novo programa de ViaExterior quere impulsar a internacionalización das empresas de Galicia a través de diferentes talleres.
O número medio de afiliados estranxeiros á Seguridade Social en Galicia alcanzou os 34.585 en maio, o que supón un crecemento interanual do 11,32 por cento. En toda España, a media de cotizantes foráneos situouse en 2.004.062.
Ademais das pertinentes avaliacións sobre impacto ambiental e restauración, o documento do Intituto Geológico y Minero de España (IGME) apunta algunhas cuestións "confusas" sobre o rendemento económico do cobre extraído.