O Pleno do Consello Regulador vén de aprobar a celebración da XXI edición da mostra os vindeiros 14 e 15 de xullo e as bases para a XIX Cata Oficial.
Nunha manifestación en Santiago denunciaron "o abandono do rural" e alertaron das consecuencias para o sector da normativa da Xunta sobre a limpeza de leiras para evitar incendios.
Crear conciencia colectiva para dar o debate social sobre un novo modelo de investimento e denunciar as deficiencias nas infraestruturas, entre as propostas.
O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra en colaboración co Concello de Monforte organizan a II edición deste evento que repetirá localización, o Paseo do Malecón, e que terá lugar os días 6,7 e 8 de xullo.
O Presidente do Consello Regulador de Valdeorras e o director técnico serán os embaixadores dos viños desta D.O. na “London Wine Fair”, feira de gran relevancia e proxección internacional.
Este domingo ten lugar, no muíño de Bendilló, unha demostración da elaboración tradicional de aceite e seis colleiteiros locais poñen á venda a produción deste ano.
Caracterizada polo seu compromiso co medio ambiente e o benestar animal, esta granxa ecolóxica quere premiar aos que traballan día a día por facer deste mundo un lugar máis sostible.
O concello, que presume de ter tres ribeiras, Miño, Cabe, e Sil, exalta os seus caldos os días 12 e 13 de maio. O sábado será o escenario escollido pola D.O. Ribeira Sacra para o simbólico brinde colectivo e simultáneo que farán 28 denominacións de orixe en toda a península e o domingo terá lugar o pregón de Carlos Blanco.
Lídia Senra amosa a súa preocupación pola proposta da CE de recortar os fondos a partir do 2020 e chama a fixar postura e defenderse.
Esta fin de semana celébrase a XXVII edición da Feira do Viño de Vilachá tendo como marco incomparable un conxunto etnográfico de adegas centenarias.
Esta fin de semana, o Concello de Arbo celebra a corenta e tres edición da Festa da lamprea, o seu produto máis prezado e coñecido a nivel nacional. As actividades divulgativas e festivas empezan o 27 coa inauguración da Arbomostra.
O Consello Regulador da D.O. Valdeorras activa unha nova campaña promocional dos viños da comarca baixo o eslogan ‘Un brinde de sensacións’.
A Consellería de Medio Rural rebaixa a alarma xerada en Portugal pola couza guatemalteca con entrevistas en medios portugueses logo de dar un aviso para aumentar o control de patacas na fronteira.
Esta feira bianual de alimentación, bebidas e gastronomía que se celebra en Barcelona é un referente en España e a nivel internacional para o sector. Empezou este luns e remata o 19 de abril.
Muxía é o primeiro municipio afectado pola couza guatemalteca da pataca. En alerta os concellos de Cee, Dumbría, Vimianzo e Camariñas.
Nas actividades divulgativas do ‘Mes do Amandi’ tamén se teñen en conta aos máis pequenos para involucralos e conciencialos da importancia do viño no concello.
O Consello Regulador estará presente na prestixiosa feira alemá de 'Prowein' e contará cunha ducia de adegas da comarca. O presidente, García Pando, confía en que a presenza neste foro contribúa a reforzar o posicionamento da marca Valdeorras.
O concello máis madrugador da Ribeira Sacra na exaltación dos seus viños ten esta fin de semana o seu mellor escaparate. Na edición deste ano séguese apostando pola música de rúa, doce serán as adegas representadas no certame e a pregoeira será unha muller.
O Concello de Chantada programa un encontro de mulleres ribeirás o día 8 de marzo no Auditorio Municipal.
O miradoiro de Cadeiras foi o espectacular escenario onde se presentaron o cartel anunciador, obra de Ana Santiso Vilar, as actividades do “Mes do Amandi” e o programa da Feira do Viño.
Os socios da actual Grille Sociedade Cooperativa Galega foron quen, hai 50 anos, de superar o minifundismo e xuntar as súas terras para poder vivir do campo.