Sinatura do convenio para a creación do Observatorio de Estudos sobre Corrupción Pública / UVigo.

A corrupción galega, a debate en xullo

GC anticorrupción - 28 Xuño 2017

A actividade do Observatorio de Estudos sobre Corrupción Pública arrinca o vindeiro mes cunhas xornadas. Esta entidade constituísue o mes de marzo na Facultade de Dereito ourensá.

Banco Pastor na Coruña

Informe interno describe sistema do Banco Pastor para facilitar branqueo de capitais

GC anticorrupción - 20 Xuño 2017

Unha investigación interna, filtrada agora, detalla como o que empezou como un mecanismo opaco montado na Coruña para que emigrantes galegos repatriasen cartos dende Arxentina acabou, presuntamente, facilitando un branqueo masivo de capitais de persoas como Bárcenas.

Mariña Castaño saíndo dos xulgados de Padrón caso Fundación Cela

Un xurado popular xulgará a María Castaño e Dositeo Rodríguez por malversación

GC anticorrupción - 09 Xuño 2017

A ex-directora da Fundación Cela e o ex-líder do PP en Santiago falsearon o despedimento dun directivo para que poidera cobrar 150.000 euros de indemnización, di o auto de apertura de xuízo oral.

Principais investigados na Operación Púnica / laburbuja.es

Feijóo, aberto a investigar se existen contratos en Galicia con empresas da Púnica

GC anticorrupción - 09 Xuño 2017

“Se hai dúbidas sobre contratos pois haberá que dar explicacións”, asegura. Os concellos de Vilamartín e A Rúa asinaron contratos con empresas vinculadas coa trama.

Alexandra Fernández de En Marea no Congreso

É seguro o formigón do AVE galego?

GC anticorrupción - 06 Xuño 2017

ADIF abre unha investigación interna tras un informe da Guardia Civil que detalla presuntos subornos nun tramo galego pagados por Isolux-Corsan.

O empresario investigado na Operación Zeta, Pachi Lucas, detrás de Feijóo, nunha sesión taurina na que tamén está Rajoy e outros cargos do Partido Popular

Desimputado na Operación Zeta o amigo de Feijóo

GC anticorrupción - 05 Xuño 2017

A Audiencia Provincial rexeita o sobresemento no caso de varios investigados pola fraude dos cursos de formación, pero obriga a deixar de investigar a Pachi Lucas. Ademais, ordena a creación de pezas separadas.

María Jesús Candal á saída dun pleno que a proclamou alcaldesa de Vilamartín logo dunha moción de censura / Ourense Dixital

O Concello de Vilamartín tivo que pagarlle a unha das empresas da Púnica case 9.000 euros

GC anticorrupción - 02 Xuño 2017

O novo rexedor socialista tivo que facer fronte á cláusula do contrato que asinara a ex rexedora popular en 2014 e no que se recollía que, de non realizarse o cambio de luminarias, habería que aboar 17.500 euros. Ese mesma “trampa” aparecía no acordo asinado tamén co Concello da Rúa.

Principais investigados na Operación Púnica / laburbuja.es

Os tentáculos da Operación Púnica tamén chegan a Galicia

GC anticorrupción - 01 Xuño 2017

O ex alcalde da Rúa asinou un contrato cun dos investigados na trama. Nese documento, a cambio dunha auditoría gratis, o concello quedaba obrigado a contratar con esa empresa a renovación integral do seu alumeado. O procedemento foi o mesmo que a empresa fixo en varios concellos de Madrid investigados pola UCO.

Mato e Crespo na inaguración da sede de Azetanet na Coruña

A investigación da Operación Zeta non avanza

GC anticorrupción - 24 Maio 2017

Case tres anos despois das primeiras detencións, a causa por estafar axudas de formación da Xunta segue en instrución. Hoxe declarou o presunto líder da trama, Crespo, nun preito no que tamén son investigados dous altos cargos da Xunta.

Conde Roa nunha recente rolda de prensa

De Lara cita a Conde Roa e Albino Vázquez como investigados polas contas do PP de Santiago

GC anticorrupción - 18 Maio 2017

Chama a declarar tamén como testemuñas ao que foi secretario xeral dos populares composteláns e a un ex-tesoureiro no período no que se fixeron até 17 ingresos en efectivo na conta do Partido Popular na capital galega e cuxo importe ascende a 26.970 euros.

Vista en Santiago pola

O ex-técnico da Xunta acepta dous anos de cárcere por suborno na restauración de bens da Igrexa

GC anticorrupción - 16 Maio 2017

Tres empresarios aceptan un ano de cárcere e multas de 1.000 euros mentres que un arquitecto terá que pagar uns 700 euros.

José Diéguez Reboredo, obispo emérito de Tui-Vigo / CONFERENCIA EPISCOPAL

Dous traballadores da Xunta enfróntanse a prisión na Operación Retablo

GC anticorrupción - 16 Maio 2017

Un restaurador de Cultura, un arquitecto do Xacobeo e os administradores de varias empresas de restauración serán xulgados na Coruña estes días por amañaren contratos públicos. A fiscalía pide penas de prisión para todos eles. Neste preito foron desimputados o ex-bispo de Tui e o xefe do servizo de restauración e conservación de Patrimonio .