A Garda Civil ven de deter un independentista catalán que portaba no seu corpo un cinturón de papeletas e unha mochila con cartaces anunciando o referendo do 1 de outubro.
O dianteiro do Real Madrid amosouse onte tremendamente indignado por estar sentado no banquillo.
O fidget spinner saiu disparado das mans dun deles e impactou consecutivamente nas cabezas dos tres mozos.
Os campamentos de Smara en Tinduf poderían ser evacuados ao non estar preparados para semellantes temperaturas.
En Vigo xa existe un boicot ao produto primeiro porque o sabor é tipicamente coruñés e segundo porque non se utiliza o nome ‘frigolosina’ en lugar de Flax.
Científicos do CSIC dan coa resposta ao porqué do aplauso dos deputados do PP cando Rajoy constrúe frases sen sentido.
Unzué ficha pola equipa celeste e substituirá a Berizzo á fronte do RC Celta de Mos.
O sacerdote procedeu a darlle unha hostia a infanta Leonor que a encaixou sen protestar e ante a mirada dos seus pais que non reprobaron a actitude do crego. Incluso , segundo se puido comprobar, procederon a convidar á familia e autoridades varias a presenciar a primeira hostia que papou a infanta.
O achádego foi descuberto por un grupo de sociólogas da USC que buscaban dar resposta ás repetidas victorias do PP en Galiza.
Veciños de Vigo alarmáronse cando, ás 21:53 horas, segundos despois do comezo da actuación de Portugal no festival de Eurovisión, unha voz rota gritou desesperada “Nooooooooooooo!”
Un comuneiro do monte veciñal de Moldes avisou, na tarde de onte, do extraordinario descubrimento.Trátase dunha familia de tres koalas que estaba a vivir na plantación de eucaliptos que a comunidade de montes ten na parroquia de Oleiros no Concello de Ribeira.
Portugal está farta dos españois, así de frío se mostrou o primeiro ministro luso na rolda de prensa na que explicou de xeito pormenorizado como o país irmán pechará os seus pasos fronteirizos a todas as persoas españolas durante esta semana.
O militante, que non estaba sendo investigado en ningunha trama, abandona o partido farto de non ter temas de conversación co resto dos militantes.
Carlos Mouriño podería plantexarse a posibilidade se descende o Deportivo e Xulio Ferreiro procede a venderlle o estadio de Riazor.
A vitoria dos críticos de EnMarea no Consello das Mareas deste pasado domingo fíxo que o partido coruñés decida quitarse o prefixo Marea- do seu nome.