Ollo o que chega a Galicia nos vindeiros días

Entra unha borrasca desde Groenlandia para deixar choiva e neve. Haberá choivas e a cota de neve baixará até os 1000 metros en zonas de montaña.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/04/2024 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Comezou o verán antes de tempo, tanto, que unha abruta fronte polar volverá a lembrarnos que estamos nunha primavera moi, moi atípica na que se poden acadar case 30º a pasar a temperaturas baixo cero. De feito, agardamos un final de abril cun tempo máis invernal que primaveral debido a unha borrasca fría que se achegará a finais de semana.

Posición prevista da borrasca fría o vindeiro venres, 26 de abril de 2024 ás 17 h UTC, coa nebulosidade e precipitación prevista asociada a ela
Posición prevista da borrasca fría o vindeiro venres, 26 de abril de 2024 ás 17 h UTC, coa nebulosidade e precipitación prevista asociada a ela | Fonte: Meteored

Jose Miguel Viñas, experto de Meteored, adianta como evolucionará a situación nos próximos días, facendo especial fincapé no novo temporal que virá desde Groenlandia. Este martes, as choivas manteranse no norte peninsular, no Cantábrico, especialmente abundantes no Oriental. Ademais, haberá nevadas nos Pireneos, cunha cota de neve que se situará ao redor do 1000 m. Nevadas que tamén poden chegar a Galicia a medida que se achega a fin de semana.

O mércores, os ceos se nublarán na Península e soprará vento intenso do noroeste en zonas de Xirona. En canto ás temperaturas, espérase que suban de forma xeneralizada. Pero será o xoves canso se achegará a Galicia a nova borrasca fría illada (BFA) que podería ser de alto impacto, formada ao sur de Groenlandia.

Asociado a esta depresión, unha fronte atlántica deixará choivas en zonas do extremo norte, que serán máis intensas en Galicia, Asturias e o noroeste de Castela e León. Tamén nevadas nas montañas de Galicia, Cordilleira Cantábrica e os Pireneos. As temperaturas descenderán na vertente atlántica, especialmente polo noroeste da Península.

QUE É UNHA BORRASCA FRÍA ILLADA?

Unha borrasca fría illada (bfa) forma parte do ciclo de vida dunha DANA, e en concreto cando alcanza unha fase moi madura. A principal diferenza é a presenza dunha borrasca ben definida en superficie co seu propio sistema de frontes.  O venres o impacto da BFA aumentará a inestabilidade. A tarde do venres parece que será chuviosa por todo o noroeste peninsular, cos ventos do suroeste aumentando. As choivas serán intensas a últimas horas no oeste de Galicia.

AMBIENTE INVERNAL

O sábado espérase un temporal máis invernal que primaveral, xa que se producirán tanto choivas como nevadas nas montañas do norte peninsular e na meseta norte. As precipitacións serán máis destacadas no nordeste da Península

Excepto no Meditarráneo, o descenso de temperaturas será notable en toda a Península. A inestabilidade alargarase ao domingo. Prevese un ambiente moi variable na Península e en ambos os arquipélagos, con chuvascos en boa parte do país, localmente tormentosos e que poden deixar algunhas granizadas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

A previsión en Galicia ten pouco que ver coa da península: https://www.meteogalicia.gal/web/pr...