Galicia rexistrou un mes de abril normal en precipitación e moi cálido, cunha anomalía media das temperaturas de 1,9 graos, segundo o avance do último informe climatolóxico mensual de Meteogalicia.
  comenta   0
A escola infantil do Gaioso, na parroquia compostelá do Eixo, ten a día de hoxe 9 matrículas, que segundo nos conta o pai representante das familias, Paul David Silva Pérez, para o ano pasarán a estar no límite entre o peche e a continuación. "Precisamos dárlle estabilidade a esta escola, non podemos estar sempre no límite, é moi agotador...", lamenta.
  comenta   0
Nun novo capítulo da nosa serie sobre especies invasoras en Galicia o portavoz de Amigas da Terra, Antón Lois, cóntanos como 'Arundo donax' perxudica os nosos ecosistemas autóctonos. Polo momento, goza de total impunidade, pois carece de inimigos naturais, aínda que se di que "as especies invasoras teñen un par de séculos de impunidade, pero máis tarde ou máis cedo chega algún insecto ou fungo que as pode atacar".
  comenta   0
Será o 4 de maio cun roteiro etnográfico-gastronómico que alcanza a súa XIV edición. A idea xurdiu dende a Asociación Centro de Animación Rural Celavente no ano 2006 coa intención de restaurar e recuperar os fornos e fontes comunitarias que había nos diferentes barrios de Celavente.
  comenta   0
O EMDR é unha técnica de tratamento psicolóxico a través da que se realiza unha desensibilización e reprocesamento por medio de movementos oculares ou estimulación bilateral, pode ser moi eficaz para superar acontecementos traumáticos. A psicóloga do CHUAC Anabel González explica no I Congreso Nacional de Psicoloxía nas Emerxencias como os traumas poden paralizarnos e como se poden tratar.
  comenta   0
O salario mínimo interprofesional na actualidade é de 1.134 euros ao mes (37,8 euros ao día). Incrementouse nun 63,9 % dende o ano 1998, pero aínda está 20,8 puntos por debaixo do que se encareceu a vida neste 25 anos, pois o IPC elevouse un 84,7 % dende 1998.
  comenta   1
Un dos seus donos, Fran, explica ao Galicia Confidencial que Odie é 'influencer' dende a cuna, pois "encántalle posar e cando ve unha cámara xa está lista para a foto". Ademais, tamén lle encanta viaxar, "é ver a caravana e andar de arriba para abaixo".
  comenta   0
O Concello de Allariz presenta un completo programa de actividades divulgativas, formativas e de tempo de lecer compartido pensadas para coidar e forzalecer os lazos afectivos na familia. As actividades realizaranse os días 4, 10, 11, 12 e 15 de maio.
  comenta   0
Unha nova borrasca atlántica deixará choivas en amplas zonas de todo o país ata o xoves, cando quedarán acoutadas ao norte da Península, segundo a predición do portavoz da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), Rubén del Campo.
  comenta   0
Renfe vendeu nunha semana 22.450 billetes para viaxar nos novos trens AVE S106 na conexión de Galicia-Madrid, que comezarán a circular o próximo 21 de maio. A compañía lanzou os billetes o día 18 de abril cunha campaña de prezos rebaixados desde 18 euros.
  comenta   1
Os rapaces e rapazas do instituto de Félix Muriel decidiron emprender este mércores a comunicación de guerrilla para concienciar sobre a contaminación: montaron un posto no mercado no que venderon lixo modelado con formas artísticas a cambio de tempo, non de cartos. Exactamente a cambio do tempo en que cada tipo de residuo tarda en degradarse. A acollida foi marabillosa.
  comenta   0
Entra unha borrasca desde Groenlandia para deixar choiva e neve. Haberá choivas e a cota de neve baixará até os 1000 metros en zonas de montaña.
  comenta   1
A semana comeza cun "acusado" descenso das temperaturas xa que en puntos do norte e centro peninsular rexistraranse entre 5 e 10 ºC menos do normal, con "valores máis propios de finais de febreiro ou de comezos de marzo" que de finais de abril, e xeadas ata a madrugada do mércores, segundo a predición do portavoz da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), Rubén del Campo.
  comenta   0
Manterse saudable pode ser difícil. Coas longas horas de traballo, os desprazamentos e outros compromisos, atopar tempo para mover o corpo pode parecer complicado.
  comenta   0
Tras varios atrasos na súa comercialización, os billetes para os trens Avril saían este xoves á venda e en Galicia a súa comercialización foi masiva. En menos de 24 horas vendéronse máis de 13.000 billetes.
  comenta   0
Así o manifestaron algúns dos letrados da defensa na segunda sesión do xuízo, tras coñecer nas últimas horas a petición desta testemuña, que se atopa en situación de baixa médica, e apuntaron que esta situación podería alongarse polo menos un mes.
  comenta   0
O BNG rexistrou varias iniciativas para reclamar ao Goberno central unha "planificación efectiva" e unha programación das frecuencias e servizos dos trens Avril a Galicia, así como unha política tarifaria para as "maiorías sociais".
  comenta   1
"Hai que ter en conta que máis do 50 % das familias están na pobreza e que o 26,5 % das persoas traballadoras están na pobreza ou en risco da pobreza e todo como consecuencia, como digo, da reforma laboral que nace de manter vixente a reforma laboral de 2012, aínda que se lle suma á carestía de vida que vivimos neste momento", lamentou o portavoz da CIG, Paulo Carril.
  comenta   0
O Colexio de Veterinarios de Lugo advertiu de "risco vital" para mascotas e outros animais, como cabalos, tras a entrada en vigor este mes do Decreto 30/2024: "A un can que entre en parada cardíaca non podemos fornecerlle adrenalina sen que previamente llo pidamos á farmacia e, á súa vez, esta o solicite ao seu distribuidor".
Con máximas de 23,8 ºC polo día e mínimas de 8,8 ºC pola noite de media nesta primeira quincena do mes de abril, segundo os rexistros dunha das estacións meteorolóxicas de Meteogalicia en Ourense.
  comenta   1
Aseguran que viviron "en shock" esa noite. Os acusados din que as relacións foron consentidas e unha dela denunciou para "ocultar a infidelidade" á parella.
As cifras melloran os datos do ano anterior, pero están moi lonxe dos prepandemia, cando as consultas tardaban 30 días menos de media.
  comenta   0
Ángel Pérez, actual concelleiro de Deportes de Guntín, perfílase para substituír a María José Gómez á fronte da alcaldía do municipio lucense tras o seu nomeamento como conselleira de Medio Rural do novo Goberno galego.
O caso de Mónica Oltra non foi nin será o derradeiro. Denunciar tentando acadar réditos políticos seguro que seguirá existindo, e sempre haberá xente da vida partidaria que facendo esas manganchas terá aliados nalguha prensa para tentar influir na opinión da cidadanía e mudar o sentido do voto.
  comenta   0
Eltiempo.es alertou de que as temperaturas serán "máis propias dun mes de xuño", con anomalías en moitas zonas do interior peninsular de entre + 12 ºC e + 16 ºC.
  comenta   0
O Papa recibiu esta mañá no Vaticano aos alcaldes e alcaldesas do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España con motivo o 30 aniversario da creación do Grupo que reúne ás 15 cidades recoñecidas pola Unesco polos seus valores universais excepcionais e ante eles sinalou que a historia "coas súas luces e sombras" é unha lección de vida.
  comenta   0
As altas temperaturas rexistradas estes días en Galicia e no resto do país seguen a fin de semana, especialmente na metade norte, e empezarán a baixar o luns.
  comenta   0
Se consideramos como frío aqueles días nos que a temperatura media é inferior aos 10 graos, este pasado mes de marzo tivo 22 días de frío, fronte aos 15 de febreiro, aos 20 de xaneiro ou aos 14 de marzo de 2023.
  comenta   0
O operador ferroviario Renfe prevé que os trens Avril comecen a operar na liña Madrid-Galicia "como tarde" o 21 de maio. Espérase comezar a recibir as primeiras unidades dos trens Avril de Talgo a finais da semana que vén de forma graduada ata o 22 de abril.
  comenta   0
Os grupos con representación no Lexislativo galego deron luz verde a organización e aos tempos nos que se dividirá a sesión, que arrincará ás 9.30 horas do próximo martes coa intervención do presidente en funcións e candidato popular.
  comenta   0
Aínda que o máis visual do traballo de Salvamento son os medios técnicos, detrás deles hai unha liña de traballadores que están monitoreando continuamente o que acontece no mar e que son os que evalúan cada situación e mandan os medios correspondentes para facerlle fronte.
  comenta   0
O xurista e catedrático da USC en Dereito Constitucional, Carlos Pereira Menaut, lembra neste artigo a outro dos grandes xuristas galegos, Xavier d'Ors, falecido recentemente.
  comenta   0
Con Abel Caballero como pregoeiro, esta fin de semana deu comezo a Reconquista da vila de Vigo, que se prolongará durante dúas semanas cun parón pola Semana Santa. Polo de agora os franceses xa están na urbe olívica, a súa expulsión terá que agardar... "Dende o Berbés, música e valor; dende o Berbés, agarimo e batalla; dende o Berbés, a Reconquista da cidade de Vigo!", proclamou Abel Caballero.
A 'Acacia dealbata' leva connosco uns 200 anos e xa é imposible de erradicar. Jonatan Rodríguez, investigador de CRETUS na USC, liderou varios estudos nos que observaron que "nas zonas onde hai manchas de mimosas a diversidade de especies de insectos herbívoros, que poderían alimentarse dela, era menor en número á cantidade que hai nas zonas onde non hai mimosa".
  comenta   0
O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través do grupo Ecoloxía Mariña Integrada (Inmare) do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC, Vigo), lidera unha liña de investigación sobre a ecoloxía espacial de organismos mariños no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, centrándose en especies como quenllas e raias.