Ferrol aproba os orzamentos deste ano 2024 cos votos a favor do goberno e en contra de toda a oposición

A edila de Facenda aseguro que son unhas contas que teñen "planificación, seriedade e rigor na xestión dos fondos públicos".

Por E.P. | Ferrol | 08/04/2024 | Actualizada ás 22:31

Comparte esta noticia

O pleno do Concello de Ferrol aprobou a última hora da tarde deste luns os seus orzamentos para este ano 2024 co voto a favor dos 13 edís do goberno municipal, mentres que os 12 concelleiros da oposición, oito do PSOE, tres do BNG e dous de FeC, votaron en contra.

Segundo a edila de Facenda, Susana Sanjurjo, estas contas teñen "planificación, seriedade e rigor na xestión dos fondos públicos, para garantir a atención cidadá, a solvencia financeira e a credibilidade das empresas". Así mesmo, dixo que son "os orzamentos máis ambiciosos que se presentaron nunca en Ferrol, o máis alto da historia, de máis de 92 millóns de euros", os cales serán destinados a "continuar coa folla de ruta que iniciamos en xuño do ano pasado".

A concelleira do PP incidiu en que estas contas "supoñen un incremento do 17% con respecto ao aprobado no ano 2023" e "serven para continuar o camiño que comezamos, para continuar cos proxectos xa iniciados e comezar outros novos". Ademais, lembrou que "en nove meses conseguiron mobilizar máis investimento público que nunca, máis de 40 millóns de euros en actuacións estratéxicas de transformación da cidade".

Pleno do Concello de Ferrol
Pleno do Concello de Ferrol

CRÍTICAS

Desde a oposición, o portavoz do grupo municipal do PSOE,  Ángel Mato, asegurou que estas contas non foron tratadas cos grupos da oposición, "nin sequera co persoal municipal, xa que non teñen o apoio de ningún dos sindicatos presentes nesta casa".

Ademais, dixo que estes orzamentos "si reflicten algo nas súas políticas, pero que non reflicten de ningún modo no modelo de cidades", criticando ademais "o comportamento dalgunhas administracións", en alusión á Xunta.

Tamén o tres edís do BNG votaron en contra. O seu portavoz, Iván Rivas, asegurou que o PP "dixo que o ano 2023 íanse a ingresar 80 millóns de euros e ingresáronse, ou hai unha previsión de ingresar 116". "Se isto non é unha mala previsión económica, eu non se o que é", dixo, para rexeitar tamén "o grao de execución, sendo só do 33% dos investimentos e do 60% do orzamento".

Por último, desde Ferrol en Común, o seu portavoz, Jorge Suárez, asegurou que consideran que "este orzamento non é real nin axustado, senón que é antidemocrático, porque non houbo tempo suficiente para poder chegar a puntos de encontro".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta