A ‘editatona’ convocada pola USC crea ou amplía 23 artigos na Galipedia con información sobre investigadoras que estudaron nesta institución académica.
A Universidade de Vigo busca aplicar novas metodoloxías de inventariado e estudar os efectos na redución da biomasa forestal dunha das últimas especies de cabalos salvaxes en Europa.
Científicos do CiQUS da Universidade de Santiago participan nun novo avance para que as moléculas poidan ser usadas como compoñentes electrónicos dotados de lóxica.
O Departamento de Toxilocoloxía da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela detectou nestes peixes contidos de arsénico "máis altos que en estudos previos". Os investigadores aconsellan establecer límites legais e revisar os niveis que se consideran tolerables para a saúde.
Un estudo analiza como eran e evolucionaron os bosques primixenios desta contorna e explica a desaparición do carpe.
Sete imaxes das urbes galegas tomadas do proxecto Sentinel 2 Cloudless, totalmente limpas de nubes.
NOSA, a axencia creada por tres institutos de Ordes, Oleiros e Vila de Cruces, ultima o lanzamento en maio da sonda MarumaSat III, terceira misión espacial que lanza en tres anos. Antes, en febreiro, 225 estudantes participan no II Congreso NOSA, no que se dará forma xurídica a esta axencia e continuidade a un proxecto que naceu para a "dignificación do ensino público".
Investigadores presentan o primeiro estudo feito en toda España sobre o impacto económico e ambiental dos lumes orixinados por animais electrocutados, principalmente aves. Propoñen o soterramento de liñas eléctricas para evitar estes accidentes.
O novo tomógrafo por emisión de positróns mellora o diagnóstico e tratamento de diversas doenzas, como as oncolóxicas, ao portar "máis rapidez e precisión".
Xeógrafos da Universidade de Santiago analizan a vulnerabilidade do litoral galego ante os temporais ou os posibles cambios ambientais no contexto do cambio climático. En xeral, a vulnerabilidade é baixa, pero un 4,52% da costa galega mostra alta ou moi alta vulnerabilidade, especialmente espazos dun elevado valor ambiental.
A prestixiosa universidade británica elixe a este profesor ourensán para liderar a Cátedra Pitt-Rivers de Ciencias Arqueolóxicas.
Lamentan o "ínfimo" investimento en España e alertan das "gravísimas" consecuencias se non se reverte a falta de apoio público
Un equipo da Universidade de Santiago identifica un novo patrón macroecolóxico que contrapón a tendencia dos rangos de distribución das especies boreais fronte as tropicais e austrais.
Científicos do CSIC conclúen, trala necropsia, que o exemplar de lura xigante atopado na praia de Bares en 2016 "mantivo unha loita cun exemplar máis grande da súa especie". Foi un feito insólito, xa que nunca antes se fotografara unha lura xigante viva fóra de Xapón.
Investigadores do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo describen catro novas especies de hidrozoos. Unha delas leva o nome de 'diphasia leonisae' en homenaxe a Leonisa, avoa da científica Marta Gil.
Emalcsa e as universidades de Santiago e A Coruña colaboraron nesta iniciativa, presentada en Nova York. A presa galega convértese na máis meridional en Europa desta rede de investigación en lagos e encoros.
Investigadores do Centro Oceanográfico de Vigo logran mellorar a supervivencia e crecemento de larvas de polbo en condicións de cultivo. Trátase dun avance cara a comercialización de polbo en catividade no mercado, onde o cefalópodo galego está cedendo terreo ao de Marrocos.
Investigadores da USC xunto con especialistas do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e do Hospital de Xove en Xixón identifican un novo mecanismo no desenvolvemento de metástases asociadas ao cancro de mama.
Investigadores de Edafoloxía da Universidade de Santiago contribúen a reconstruír de forma precisa o clima nos últimos 700 anos, incluído o período frío máis prolongado e intenso dos últimos 10.000 anos.
Un estudo científico confirma que as prevalencias significativas das xenoespecies patóxenas de Borrelia Burgdorferi detectadas nos carrachos de Galicia son máis altas que as atopadas previamente en España. Lugo é a provincia máis afectada.
Científicos da Universidade de Vigo desenvolveron un novo recheo óseo a partir de dentes de quenllas procedentes da pesca sustentable, que ademais permiten valorizar os descartes no sector.
Estudos previos xa demostraran a capacidade do Eucalyptus globulus para colonizar plantacións autóctonas en Galicia non afectadas polo lume. Agora, unha nova achega científica demostra por vez primeira que os incendios poden aumentar este risco de invasión, especialmente en bosques nativos de carballo.
O Campus Terra da Universidade de Santiago bota a andar unha nova edición de ‘Ciencia para novos investigadores’.