Antón Costas ingresa na Academia de Ciencias: "Se queremos pechar paso ao fascismo, precisamos dun novo contrato social"

O economista e presidente do Consello Económico e Social de España, Antón Costas (Vigo, 1949), ingresou este luns na Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) cun discurso no que fixo un chamamento a crear "un novo contrato social focalizado en devolver dignidade e recoñecemento ao traballo e na creación de bos empregos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2024 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

O economista e presidente do Consello Económico e Social de España, Antón Costas (Vigo, 1949), ingresou este luns na Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) cun discurso no que fixo un chamamento a crear "un novo contrato social focalizado en devolver dignidade e recoñecemento ao traballo e na creación de bos empregos".

"Se queremos pechar o paso aos novos fascismos do século XXI, temos que construír un novo contrato social que dea resposta á frustración, o resentimento e a incerteza existente nas clases media e traballadora", afirma. Na súa intervención no ingreso como académico da institución, Costas recibiu contestación en nome da Academia Galega de Ciencias polo académico Alberto Gago Rodríguez.

E é que Costas avoga por "un contrato social focalizado en devolver dignidade e recoñecemento ao traballo e na creación de bos empregos, capaz de fomentar o dinamismo económico á vez que unha sociedade xusta". "O risco de fallar é repetir os erros dos anos vinte e trinta do século pasado", avisa.

"A segunda idea é que entramos nunha nova era na que a natureza dos problemas económicos cambiou. Agora non se trata de maximizar un obxectivo determinado, por exemplo o PIB, senón de elixir unha combinación adecuada entre obxectivos igualmente desexables pero en conflito, por exemplo, avanzar na Axenda 2030 de descarbonización e o mantemento económico e social destas actividades e da seguridade alimentaria", razoa.

Así, proseguiu con que "a terceira idea é unha breve referencia a cales deberían ser as prioridades do diálogo para construír un novo contrato social en España, centrado nos bos empregos, a produtividade e a erradicación da pobreza infantil, unha secuela inadmisible para unha sociedade decente".

O presidente da RAGC, Juan Lema, abriu o acto. Entre outros, asistiron a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o presidente do Consello Económico e Social de Galicia, Manuel Pérez; o presidente da Comisión de Economía, Comercio e Transformación Dixital no Congreso dos Deputados, Pedro Puy; a deputada do BNG no Parlamento galego Iria Carrera; o portavoz na Cámara autonómica do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e o deputado socialista Xullo Abalde; o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; a vicerreitora de Política Científica da Universidade de Santiago (USC), Pilar Bermejo, e o director da área de Xestión de Gain, Benito Fernández.

Antón Costas
Antón Costas | Fonte: ALFONSO ESTEBAN - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta