Sinal de tráfico en galego que está en Gondomar desde 1999 /valminor.tv

As multas ao Concello de Gondomar por ter sinais de tráfico en galego chegan ao Congreso

Lingua - 28 Xuño 2017

A deputada de En Marea Alexandra Fernández pide que se respecten os dereitos lingüísticos e di que “se creou un problema onde non o existe”.

Cartel bilingüe no Decathlon de Vigo / Francisco Castro

En Galicia, carteis do Decathlon bilingües… usando castelán e inglés

Lingua - 20 Xuño 2017

Polo contrario, en Cataluña a cadea francesa emprega a miúdo o catalán -ás veces en exclusiva.

Mapa de linguas minoritarias da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias / UE

Galicia, capital das linguas minoritarias do Estado

Lingua - 16 Xuño 2017

Santiago de Compostela acollerá a final de mes unhas xornadas sobre a situación das doce linguas minoritarias que se falan no Estado. A xuntanza está impulsada polo Consello de Europa e ten como unha das súas finalidades analizar o cumprimento da Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias.

Algunhas das linguas románicas faladas en Europa

Dous congresos afondarán na importancia das linguas románicas en Europa

Lingua - 16 Xuño 2017

O Atlas Linguarum Europea e o Atlas Linguistique Roman terán lugar a vindeira semana en Santiago de Compostela.

Lidia Senra no Parlamento Europeo

Lídia Senra pide en galego en Bruxelas o cumprimento da Carta Europea das Linguas

Lingua - 13 Xuño 2017

Lidia Senra tomou a palabra no hemiciclo para denunciar que Xunta, Estado e UE non garanten os dereitos lingüísticos.

Manifestación a prol do galego / @chio_en_galego

Así se conecta o galego coas demais linguas do mundo en Twitter

Lingua - 13 Xuño 2017

A galega é unha das tres linguas do mundo con máis entropía nas interaccións en Twitter. Un estudo feito no Florida Institute of Technology mostra as relacións e semellanzas estruturais que mantén o galego co malaio, o hindú, o lituano, o serbio o ruso, o urdú, o catalán ou o castelán na 'Rede de Idiomas de Twitter'.

Clase de inglés para nenos / ciudadpeques.com

A Xunta anima aos docentes a aprender inglés con matrículas e viaxes ao estranxeiro gratis

Lingua - 09 Xuño 2017

Feijóo insiste en que a súa formación correrá a cargo dos fondos públicos e que non se detraerán partidas do galego para impulsar o inglés.

Luís Porteiro Garea.

Nace o Premio Luís Porteiro Garea para a normalización do galego na Universidade de Santiago

Lingua - 08 Xuño 2017

O galardón distinguirá a iniciativa, o traballo ou a traxectoria daquelas persoas, entidades ou colectivos, tanto actuais como pasados, que contribúan á promoción e uso da lingua galega na propia universidade compostelá.

Facenda, Axencia Tributaria, AEAT, declaración da Renda, contribuínte

Piden a Facenda que se respecte o dereito a ser atendido en lingua galega

Lingua - 08 Xuño 2017

O deputado de En Marea Miguel Anxo Fernán Vello alude a un caso recente denunciado pola Mesa dunha persoa que pediu o borrador en galego e remitíronllo en español.

Estudantes universitarios nunha clase de galego/ blog.esl-idiomas.com

Convocadas 10 prazas en lectorados de España, Irlanda, Alemaña, Portugal e Italia

Lingua - 07 Xuño 2017

As universidades de destino son a do Algarve, Estremadura, Granada, Complutense de Madrid e Padua e o prazo de solicitudes para elas estará aberto desde mañá ao 6 de xullo.

Miguel Anxo Fernán Vello /enmarea.gal

O Congreso aproba impulsar un Día das linguas ibéricas

Lingua - 02 Xuño 2017

“Convertéronse ao iberismo, seguindo os pasos xa marcados por Castelao, Joan Maragall, Miguel Torga ou Saramago?”, dixo Fernán Vello sobre a iniciativa impulsada polo PP e enmendada por En Marea.

Nenos nunha escola infantil /centros.edu.xunta.es

A Xunta quere que os nenos de menos de tres anos tamén aprendan inglés

Lingua - 01 Xuño 2017

A Xunta promocionará a aprendizaxe de idiomas con 70 millóns de euros e quere que o 100% dos centros poidan ter ou un auxiliar de idiomas, ou unha sección ou centro bilingüe en 2020. “A aposta polo multilingüismo non foi ben entendida ao principio, pero para nós foi un deber para crear un futuro mellor”, di Feijóo.