No lugar de Porto Maior, concello das Neves, descubríronse numerosas prezas grandes que serviron como ferramentas no Pleistoceno Medio. O estado de conservación é moi bo. Un equipo de investigación liderado polo Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana, datou este xacigo como o máis antigo con actividade humana en Galicia.
A Deputación da Coruña sospeita que a familia do ditador quere vender o pazo antes dunha expropiación. A Lei de Patrimonio obriga á familia Franco a notificar á Administración autonómica se quere desprenderse do BIC. A comisión de expertos advirte de que eventuais compradores terían que asumir as cargas legais.
Pertenceu a nobres emparaentados coa casa de Altamira e está documentada xa desde o século XIV.
O fotoxornalista Miguel Núñez percorre Os Ancares para retratar unha paisaxe ancestral que esmorece.
O CSIC, mediante o Incipit, resume a ritmo de blues, en dous vídeos, os traballos realizados nunha das necrópoles megalíticas máis espectaculares do continente.
Emigrantes, votantes do PP, do PSOE, En Marea ou BNG, están de acordo na necesidade de preservar o patrimonio artístico na Arxentina. "Ante situacións excepcionais hai que buscar solucións excepcionais", din e apuntan a creación dunha fundación neste país por parte do Goberno galego que poida ir mercando as coleccións dos distintos centros para a súa preservación.
A parlamentaria Olalla Rodil presentará unha serie de cuestións na cámara galega para pedir explicacións á Xunta por non adoptar ningunha medida para evitar o progresivo deterioro do Túnel de Montefurado.
National Geographic recolle o traballo que está facendo sobre o campo un equipo coordinado por Juan Luís Montero Fenollós, profesor de Historia Antiga na UDC.
Estaría nun arco romano de triunfo na cidade francesa de Carpentras e está representado coma un prisioneiro encadeado, xunto a outro guerreiro frisio.
O arquipélago de Sálvora, a Ribeira Sacra, a Cova Eirós, o Pazo de San Isidro, o campamento Aquis Querquennis e a carpintaría de ribeira aspiran a conseguir a distinción antes do 2020. Pontevedra é a provincia con maior número de BIC, principalmente pola súa arqueoloxía, seguida da Coruña, Lugo e Ourense.
A Xunta inicia o procedemento para declarar a Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural coa categoría de Paisaxe Cultural, proceso que podería estar rematado a finais de 2018 e que se perfila como paso para ser incluída na lista de Patrimonio da Humanidade da Unesco.
Os científicos argúen que só un aumento substancial no número de visitantes permitido orixinal tería un impacto económico relevante, pero ameazaría a sustentabilidade física da cova.
Substitúe un banco tradicional por un enorme cadro eléctrico que rompe completamente a harmonía dunha praza que forma parte do Monumento Histórico-Artístico da Colexiata de Xunqueira de Ambía, en Ourense.
Salvemos Cabana censura a celebración do evento 'Saberes e Sabores', que "converteu o centro arqueolóxico nun improvisado bar de tapas".
Máis de 60 profesionais de España, Francia e Portugal daranse cita na XI Feira de Artesanía e Antigüidades deste concello lucense.