Unha investigación da USC alerta do descoñecemento sobre o radón, segunda causa de cancro de pulmón

O grupo Novos Medios indica que máis do 60% da poboación española non coñece as medidas para reducir a incidencia deste gas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 01/02/2024 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

O radón é a segunda causa de morte por cancro de pulmón entre persoas fumadoras e a primeira entre persoas non fumadoras. Porén, os riscos deste gas son pouco coñecidos entre a sociedade. O estudo, realizado polo grupo Novos Medios da USC, busca coñercer o risco do radón como base para unha comunicación eficaz. Os resultados da investigación alertan de que a poboación española ten un coñecemento moderado sobre este gas. Saben que é un gas (83, 4%), que é invisible a simple vista (67,4%) e inodoro (42,9%); que pode atoparse no chan (54,4%) e na auga (24,5%), pero no aire libre (33,8%). 

Investigadores relacionan o radón cun aumento do risco de cancro pulmonar. ENAC - Arquivo
Investigadores relacionan o radón cun aumento do risco de cancro pulmonar. ENAC - Arquivo

No que atinxe ás medidas para reducir os seus efectos, o descoñecemento é maior, xa que o 75,4% cre que se pode baixar evitando vivir preto de fábricas contaminantes, mentres que as medidas realmente efectivas son coñecidas por menos da metade da poboación.

No caso das comunidades de alta incidencia deste gas, como é o caso de Galicia, o coñecemento resulta maior. Así, o 77% das persoas participantes, en lugares de alta concentración, recoñece o radón como canceríxeno. Tamén se identifica que os homes están máis enterados, ao igual que a cidadanía con maior nivel formativo. Porén, o estudo indica que as mulleres teñen maior percepción dos riscos e  os cidadáns menos formados presentan valores mínimos de percepción. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta