Ana Pontón destacou que "grazas ao BNG, en Bruxelas falouse do lácteo, das rías, emigración, da fuga de talento, do corredor atlántico ou a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, de memoria histórica, dun modelo alternativo enerxético, da defensa dos dereitos sociais e da defensa da lingua e cultura".
  comenta   0
Isabel púxose diferentes estilos grazas á súa neta e atopou cousas que lle gustaban moito e que, doutro xeito, polos parámetros sociais, nunca tería posto. Elena conta que "o outro día rouboume unhas Adidas Gazelle negras". E Isabel admite que "eu se me queda ben e me vexo ben póñome ata un corno se fai falta".
  comenta   0
SATSE reclama máis presenza e maior recoñecemento para as matronas nos hospitais e centros de saúde. Pide que haxa, polo menos, unha matrona en cada equipo de Atención Primaria e que poida derivar pacientes a distintos médicos especialistas.
  comenta   0
En moitas fábricas, os encargados eran homes que xeraban situacións de acoso cara ás traballadoras. A unión de todas elas permitiu que se freasen eses abusos de poder, así como conseguiron quendas nos horarios, vacacións, primas e que as horas de limpeza, que tiñan que facer elas ao rematar as horas de traballo na fábrica, contabilizaran no salario.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, expuxo unha "implantación progresiva" das medidas comprometidas, co inicio primeiro en "grupos prioritarios" e logo chegar "ás mulleres que o desexen".
  comenta   0
A Área de Promoción Económica e Turismo do concello presentou unha nova proposta para os "Roteiros Temáticos" deste ano. Trátase dunha iniciativa pensada para grupos pequenos que se desenvolverá no casco histórico o terceiro sábado de cada mes ata final de ano.
  comenta   0
A Policía Nacional detivo a dúas mulleres e identificou a un home tras unha pelexa multitudinaria na rúa Magdalena, no municipio coruñés de Ferrol.
  comenta   0
Grazas ao programa 'Por Talento Dixital', impulsado por Fundación ONCE, impartíronse 866 cursos de formación e concedéronse 79 bolsas.
  comenta   0
Un deles, de nacionalidade española, levou a unha das mulleres a unha habitación, onde a empuxou con forza e tirouna na cama. Tras iso, púxoselle encima, apertoulle o pescozo para neutralizar a súa defensa e penetrouna vaxinalmente. O outro dos acusados, nacido en Honduras, avalanzouse sobre a outra muller no sofá do salón, onde lle subiu o vestido e, tras varios tocamentos, introduciulle o pene na vaxina.
A secretaria xeral de Igualdade, Sandra Vázquez, asegurou que "se trata de apoiar ás asociacións de mulleres e federacións constituídas por elas, sen ánimo de lucro, "coa finalidade de fortalecer o movemento asociativo feminino e potenciar a participación social e a calidade de vida das galegas".
  comenta   0
A propia Organización Internacional do Traballo (OIT) calcula que unha persoa cun emprego a quendas sufrirá un envellecemento prematuro de cinco anos por cada 15 traballados de noite.
  comenta   0
Atópanse actualmente sendo investigadas por un presunto delito de inxurias e calumnias contra funcionario público, tras a denuncia presentada pola profesora.
O sector de oficinas e despachos da provincia de Pontevedra está convocado polo sindicato CIG a sumarse aos paros parciais do 5 e 11 de abril e á folga total prevista para o luns 15 para reclamar un convenio colectivo digno con salarios xustos.
  comenta   0
O autismo non se pode definir como unha soa cousa, cuns patróns que se reproducen en todas as persoas por igual, senón que é tan diverso que se fala de espectro autista. Dende o Galicia Confidencial, no Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, falamos con Ana Otero Carreiras, directora técnica de Aspanaes, que nos achega a unha realidade que afecta a unha de cada cen persoas.
  comenta   0
A metodoloxía educativa ApS, explican, integra os procesos de aprendizaxe coa realización de tarefas de servizo á comunidade. "Nun marco de reciprocidade, o alumnado traballa sobre as necesidades reais da contorna, o que lle permite mellorar o coñecemento nunha disciplina e ampliar a súa responsabilidade social".
  comenta   0
Mediante estas axudas "búscase mellorar a estrutura produtiva das explotacións galegas e avanzar na consecución dunha adecuada dimensión e un correcto equilibrio dos seus factores de produción co obxectivo de mellorar a competitividade".
  comenta   0
A Xunta iniciou un programa piloto de cribado de cancro de pulmón a 1.200 pacientes "con alto risco", fumadores ou exfumadores de entre 55 e 74 anos, no centro de saúde do Ventorrillo, na Coruña.