O estudantado galego tamén se mobiliza pola causa palestina seguindo as protestas de Europa e EE.UU.

Erger fai un chamamento á mobilización en solidariedade co pobo palestino e reclama ó Goberno e ás institucións académicas a fin de toda colaboración co "Estado sionista".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/05/2024 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Ante a intensificación dos ataques por parte do Estado de Israel contra o pobo palestino, Erguer. Estudantes da Galiza fai un chamamento á mobilización en solidariedade co pobo palestino e reclama ao Goberno e institucións académicas a fin de toda colaboración co "Estado sionista". Erguer denuncia os feitos acontecidos este pasado martes, os cales amosaron como o exército israelí daba un paso máis coa ameaza sobre a cidade de Rafah, onde se refuxian un millón trescentas mil persoas, "acrecentando o xenocidio contra o pobo palestino" sosteñen. 

Cartel da Asamblea Aberta ERGER
Cartel da Asamblea Aberta ERGER | Fonte: ERGER

O nacionalismo galego leva anos manifestando a súa solidariedade co pobo palestino e denunciando os "numerosos ataques indiscriminados que o Estado de Israel vén facendo co obxectivo de aniquilar a toda a poboación da franxa" denuncian dende Erguer. Esta solidariedade internacionalista intensificouse dende o pasado mes de outubro, cando Israel incrementou os seus ataques, e mantense a día de hoxe coas convocatorias periódicas en vilas e cidades de todo o país.

Ademais, as protestas nos campus universitarios estanse dando en varias partes de Europa e nos Estados Unidos,"como organización internacionalista, non podemos ficar caladas e inmóbiles. Dende Erguer. Estudantes da Galiza, celebramos a vaga de solidariedade que se está xestando nas universidades de todo o mundo e mantémonos firmes na denuncia do sionismo impulsando e apoiando novas convocatorias en todo o país" indican

A súa labor da comezo coa asamblea aberta convocada para hoxe, día 9 de maio ás 20h, no local de estudantes da USC en Compostela. Ademais, fan un chamamento ás estudantes galegas, colectivos e diferentes organizacións a sumarse ás concentracións que realizarán de xeito simultáneo nos campus galegos o vindeiro martes 14 de maio ás 20h.h. "Con isto queremos reclamamar ás tres universidades galegas que se comprometan a rachar relacións coas universidades israelitas e desenvolver relacións de solidariedade académica con Palestina" defenden dende ERGER.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta