A alcaldesa de Santiago está convencida de que a o apoio á líder do BNG "vai seguir medrando" en sucesivas citas electorais. "Nós imos a por todas, non nos poñemos teito e imos seguir medrando. Estou moi segura", di.
  comenta   3
Durante a presentación técnica do proxecto, o director, Bruno Dapena, destacou que a planta de Palas "será a primeira do mundo que integre os dous procesos necesarios para a produción de lyocell", unha fibra téxtil 100 % biodegradable.
Reclama anular a concesión "presuntamente ilegal" e estudar custos para unha asunción directa, que estima nuns 1.500 millóns, tras a apertura do expediente da Comisión Europea.
  comenta   0
O concelleiro de Compostela Aberta, Xan Duro, criticou a "tramitación nada transparente que fixo a Xunta" e como "un proxecto circular e sustentable acabou derivando nunha macroplanta de celulosa"
  comenta   0
A conselleira de Economía censurou a "linguaxe" empregada polo BNG que, apunta, desliza que o proxecto de Altri é unha proposta pública, "cando é privado"
  comenta   0
O CIS xa incluíu no seu barómetro de abril unha primeira pregunta directa sobre as eleccións ao Parlamento Europeo, e entón o PP aparecía na cabeza cun punto de vantaxe sobre o PSOE
  comenta   0
O Parlamento de Galicia insta á Xunta, cos votos a favor do PPdeG e de Democracia Ourensana, e as abstencións do BNG e PSdeG, a pedir ao Goberno a modificación do decreto polo que se establece o rexistro das granxas avícolas de autoconsumo.
  comenta   0
O Partido Popular rexeitou coa súa maioría na Cámara galega a posta en marcha dunha auditoría externa, "a cargo de profesionais independentes", sobre as contratacións de emerxencia efectuadas pola Xunta durante a pandemia derivada da covid-19. "Mentres estabamos confinados, mentres xente arriscaba a súa vida traballando polos demais, había quen aproveitaba para facer negocio desa situación catastrófica", advertiu o BNG.
  comenta   0
O presidente da Xunta afirma que a factoría proxectada para Palas de Rei "funcionará en Galicia con todas as garantías ou non funcionará"
  comenta   0
"Cada un é libre para opinar o que lle pareza sobre estas cuestións, pero hai a penas quince días que saíu un goberno froito dunhas eleccións que o PP que gañou por maioría absoluta", afirmou. Asegura que se o PP "non ten nada que ocultar", debe arroxar "transparencia sobre os contratos" de compra de material sanitario.
  comenta   0
Os principais partidos "satisfeitos" cos resultados. Rueda destaca que a súa formación aumentou os apoios, Pontón destaca o incremento de votos "nacionalista e soberanista" e Besteiro salienta o bo resultado dos socialistas vascos.
  comenta   0
O pleno municipal debaterá unha moción para rexeitar o proxecto de Altri en Palas de Rei.
  comenta   0
O presidente galego quéixase dos "incumprimentos" que sufriu Galicia e o BNG di que a medida non soluciona os problemas ferroviarios do país. A Asociación de Usuarios de Media Distancia pide "un canal propio para aboados, con acceso a prazas baleiras last minute".
  comenta   0
A portavoz do BNG visitou a factoría de UNVI, empresa especializada na fabricación e equipamento de autobuses que aposta pola mobilidade eléctrica e por fomentar unha mobilidade que ten en conta o cambio climático
  comenta   1
O Partido Socialista de Santiago considerou que a presente da parcela de Peleteiro "non pode desvincularse do pasado" e referiuse á "responsabilidade" de BNG e Compostela Aberta na situación actual polo seu voto en contra á proposta presentada no pleno municipal polo goberno de Xosé Sánchez Bugallo en decembro de 2022.
  comenta   0
O BNG rexistrou varias iniciativas para reclamar ao Goberno central unha "planificación efectiva" e unha programación das frecuencias e servizos dos trens Avril a Galicia, así como unha política tarifaria para as "maiorías sociais".
  comenta   1
Pontón presenta un "goberno alternativo" para fiscalizar á Xunta: conta con 12 portavoces por cada unha das áreas nas que se divide o Executivo autonómico e reunirase cada 15 días.
  comenta   0
Galicia Confidencial continúa coa publicación dunha serie de artigos de sociólogos, politólogos, ex políticos e profesores universitarios, entre outros, nos que tenta analizar o que acontece en Galicia desde o punto de vista electoral. Unhas reflexións que tentan afondar na socioloxía do pobo galego e nas estratéxias políticas para tentar entender o que, elección tras elección, acontece neste país. Este artigo é de Antonio-Carlos Pereira Menaut, xurista, catedrático de Dereito Constitucional na USC e Director da Cátedra Jean Monnet de Dereito Constitucional europeo.
  comenta   0
O BNG demandou á Xunta que "obrigue" aos Franco a abrir ao público a Casa Cornide, na Coruña, "tal e como establece a súa condición de Ben de Interese Cultural (BIC)".