Xa hai data para a manifestación convocada pola Plataforma Ulloa Viva contra a celulosa de Altri

A voceira Marta Gontá agradeceu o feito de ter presentado "o número de alegacións maior a un proxecto na historia de Galicia".

Por Galicia Confidencial | Lugo | 24/04/2024 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

A Plataforma Ulloa Viva anuncia a convocatoria dunha manifestación en Palas de Rei contra a macrocelulosa que Altri quere instalar no corazón de Galicia. Logo de rematar o periodo de alegacións á exposición pública do proxecto o pasado 17 de abril, a voceira Marta Gontá agradeceu o feito de ter presentado “o número de alegacións maior a un proxecto na historia de Galicia”. Logo desta contestación social a Plataforma vén de convocar a primeira manifestación en contra do proxecto de Altri, que terá lugar o vindeiro 26 de maio en Palas de Rei. A Plataforma Ulloa Viva asistiu onte no Parlamento de Galicia ao debate dunha interpelación do deputado do BNG Luís Bará á conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, sobre o proxecto de Altri de instalar unha macrocelulosa en Palas de Rei. Marta Gontá, Zeltia Laya e Mónica Cea aproveitaron a invitación do BNG a esta sesión plenaria do

Captura do anuncio nas redes sociais da Plataforma Ulloa Viva
Captura do anuncio nas redes sociais da Plataforma Ulloa Viva

Pazo do Hórreo para manter encontros cos distintos grupos parlamentarios galegos  entregarlles un documento respecto do impacto ambiental, social e económico do proxectode Altri.

AS REUNIÓNS COS DIFERENTES GRUPOS PARLAMENTARIOS

No BNG foi a voceira nacional, Ana Pontón, xunto coa voceira suplente, Ollala Rodil, as que mantiveron a reunión coa Plataforma. Destacaron no encontro o seu apoio ás reivindicacións realizadas e, puxeron sobre a mesa distintas iniciativas que os seus voceiros van a levar a cabo en Galicia e en Madrid a respecto do proxecto desta celulosa. 

A deputada socialista, Patricia Iglesias recibiu ás tres voceiras de Ulloa Viva en nome do Grupo Parlamentario do PSdeG. Asegurou que o partido está "moi vixiante" sobre o proxecto da celulosa de Altri en Palas, insistiron ademáis que de concerderse os fondos do PERTE da descarbonización a Altri, estes quedarían esgotados e hai moitos outros proxectos desbotados por factores medioambientais negativos. 

Tamén o PP respostou á petición de Ulloa Viva, e finalmente a voceira suplente Cristina Sanz e o deputado Gonzalo Trenor mantiveron un encontro coa Plataforma. Aseguraron que esixirán que o proxecto cumpra con toda a lexislación e indicaron que serán os técnicos da Xunta de Galicia os que decidirán ao respecto. A rolda de contactos rematou co deputado do Grupo Mixto, Armando Ojea, membro de Democracia Ourensena, que recoñeceu coñecer o proxecto fai moito tempo e amosou a súa posición contraria ao respecto.De feito Ojea explicou que mesmo visitou a zona afectada e asegurou que calquera iniciativa ao respecto no Parlamento galego vai contar co voto en contra deo Grupo Mixto

Logo de escoitar no Parlamento galego á conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, a respecto do proxecto de Altri, a Platoforma Ulloa Viva fica "moi preocupada" ao escoitarlle á responsable do Proxecto Gama, a exposición pública do mesmo e das alegacións presentadas que "nin os seus técnicos son capaces de examinar un proxecto coma este con 8.500 páxinas". Ulloa Viva considera que estas palabras de Lorenzana como un "menosprezo e poñer en dúbida a capacidade de técnicos da administración pública que ten que velar polo cumprimento da legalidade dun proxecto que se quere implantar en Galicia". Segundo explicou Marta Gontá: "Dinnos que esteamos tranquilos, que o proxecto ten que cumprir a legalidade, e, ao mesmo tempo dinnos que os técnicos non son quen de examinalo todo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta