Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2024 | Actualizada ás 14:52
A Xunta publicará este luns lista provisional de admitidos nas escolas infantís para o próximo curso, que as familias poderán consultar na páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade. Desta forma, segundo informou a administración pública, a partir do martes e ata o luns 13 abrirán un período para presentar alegacións.
As listas definitivas de admitidos nas máis de 170 escolas infantís da rede pública autonómica será pública o día 31 de maio, tras realizar o cribado de solicitudes dun mesmo neno para varias escolas. Unha vez publicada a relación de admitidos, as familias terán de prazo do 1 ao 14 de xuño para formalizar a matrícula. O inicio do curso nos centros de 0 a 3 anos da Xunta está fixado para o 6 de setembro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.