Un informe da USC sobre o lobo prioriza os plans de xestión e pide máis axudas por danos

A oportunidade deste documento, indican, está xustificada polo novo escenario de análise e debate sobre o status do lobo que abriu á Comisión Europea.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2023 | Actualizada ás 20:36

Comparte esta noticia

Un informe técnico sobre a percepción social do lobo elaborado por investigadores da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC revela un sentir maioritario da poboación do Principado de Asturias pola aplicación de plans de xestión específicos que favorezan a conservación e control desta especie en cada territorio.

Ao mesmo tempo, o estudo realizado en colaboración co Instituto de Recursos Naturais e Ordenación do Territorio (Indurot) da Universidade de Oviedo, considera "escasas" ou "insuficientes" as indemnizacións polos danos provocados por este felino nas reses de gandaría extensiva que se atopan no monte.

Este informe científico ten como primeiro asinante ao investigador Andrés Osoro Corsino, graduado en Enxeñaría Agraria e Agroalimentaria e Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, e no tamén participan os profesores da EPS Ibán Vázquez González e César Pérez Cruzado, así como o catedrático de Zooloxía Carlos Nores, que tamén é colaborador do Indurot.

O traballo profunda sobre a diferente percepción social da poboación urbana e rural respecto da actual situación e sobre a súa xestión de lobo ibérico, despois da súa inclusión, a finais de 2021, na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (Lesrpe).

A oportunidade deste documento, segundo indica Osoro, está xustificada polo novo escenario de análise e debate sobre o status do lobo que abriu á Comisión Europea.

De feito, neste estudo, focalizado na realidade asturiana e na percepción social existente na rexión sobre o lobo, analízanse as respostas recibidas dos case 350 participantes que contestaron un amplo cuestionario sobre o conflito do lobo.

"A problemática que provoca a convivencia do lobo ibérico coa gandaría extensiva en espazos naturais non deixou de agravarse despois da inclusión desta especie na Lesrpe", segundo destaca Osoro Corsino e tal e como testemuñan as conclusións dun informe no que se cuestiona a imposibilidade de adoptar ningunha medida para controlar as poboacións de lobo despois da súa inclusión na listaxe de especies cinexéticas nas distintas comunidades autónomas.

Fronte ao progresivo incremento da poboación do lobo ibérico en Asturias, onde se pasou de 21 mandas a 41 nas últimas dúas décadas, e despois dos danos económicos cada vez maiores que provoca, os autores deste estudo apuntan que a inclusión desta especie na Lespre compromete o futuro da gandaría en réxime extensivo, tal e como constatan o incremento das reses atacadas e o volume das indemnizacións por este motivo.

Por último, o investigador sinala que a radiografía obtida respecto da situación do lobo no Principado de Asturias non se pode aplicar a Galicia, sobre todo polas diferenzas dos sistemas de produción gandeira existentes en cada rexión.

Lobo ibérico
Lobo ibérico | Fonte: CSIC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta