Axudas para contratar a outros 12 coidadores que protexan ao gando dos ataques do lobo

A Xunta incrementará en 216.000 o programa de axudas inicial.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2023 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

A Xunta incrementará en 216.000 euros o programa de axudas para que gandeiros galegos poidan contratar a outros 12 coidadores do gando, co obxectivo de evitar ataques do lobo.

En concreto, o Goberno galego atendera inicialmente nove solicitudes por un importe de 154.000 euros. Agora, decidiu ampliar o orzamento desta liña para que poidan acceder a estes apoios as 12 que foran denegadas.

Esta circunstancia demostra, tal e como explicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a "moitísima demanda" destas subvencións ante o "problema latente" que supoñen os ataques do lobo ao gando. Calcúlase que hai en Galicia 93 mandas desta especie, segundo o censo realizado en 2021.

Un lobo ibérico
Un lobo ibérico | Fonte: Carlos Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta