Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2023 | Actualizada ás 17:54
A Xunta volveu a esixir ao Goberno central que aplique os acordos de distribución de fondos aprobados na Conferencia sectorial de 28 de xullo de 2022 para previr e paliar os danos ocasionados polo lobo en Galicia e que transfira canto antes todos os fondos que, apunta, correspóndenlle a Galicia
Así o defendeu a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, durante a Comisión sectorial de Medio Ambiente que se celebrou este venres de forma telemática como encontro preparatorio da Conferencia prevista para este mesmo mes de xuño e na que as comunidades e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico acordarán a repartición definitiva das novas partidas estatais destinadas este ano ao lobo.
Neste sentido, a Xunta lembrou que solicitou para 2023 un total de 4,36 millóns de euros dos fondos dos orzamentos xerais para o lobo --2,41 millóns destinados á prevención e 1,95 millóns para indemnizacións por danos--, contía similar á que lle foi asignada a esta comunidade o ano pasado "pero cuxa transferencia efectiva foi bloqueada, ata a data, polo Goberno central".
Por iso, Belén do Campo emprazou ao Ministerio a transferir tamén as partidas que "lexitimamente corresponden" a Galicia en base aos acordos de distribución aprobados o ano pasado, evitando deste xeito "seguir discutindo" nos tribunais a decisión do Goberno central de "non facelos efectivos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.