Alegría pola decisión da UE de revisar o status de protección do lobo

UU AA celebra a decisión de Europa e insiste en que é un "perigo real" para o gando.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2023 | Actualizada ás 10:13

Comparte esta noticia

Unións Agrarias celebra a decisión da Comisión Europea de dar efecto á recomendación feita polo Parlamento Europeo en novembro de 2022 na que se solicitaba a revisión do status da protección do lobo na UE, ante o que entendía un "desequilibrio" entre as actuais medidas proteccionistas e os danos e riscos que a expansión de cánido estaban a crear no rural.

Así, ante o período de consultas que abriu Bruxelas para avaliar se a recuperación do lobo supón un perigo real para o gando e é necesario revisar as normas, UU AA avanzou que usará esta canle de comunicación habilitado (wolf-data-collection@ec.europa.eu) para expor o seu punto de vista sobre as peculiaridades das condicións de Galicia, nos que os censos oficiais falan da presenza de 90 mandas cun número de exemplares próximo a 650, o que supón máis lobos en Galicia que no resto de países da UE como Francia ou Portugal.

O sindicato agrario destaca que a Comisión constata un "perigo real" para o gando en canto e tanto se declaran máis de 2.200 reses mortas ao ano en Galicia, que supoñen máis do 50 por cento da dieta do lobo.

Tamén reportará por escrito a "necesidade" de dotacións económicas para medidas preventivas e de indemnización de danos, nun contexto de extensificación e manexo ecolóxico dos rabaños, que os fai máis vulnerables.

Así mesmo, Unións Agrarias avaliará o que entende como "riscos potenciais" para a poboación, posto que cada vez hai ataques máis preto das casas. "Sen crear alarmismo, tampouco se pode subestimar nun contexto de expansión do lobo e achegamento ás vivendas de moitas zonas", engade.

Un cachorro de lobo Hendrix
Un cachorro de lobo Hendrix | Fonte: Christina Hansen

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta