O eurodeputado galego Millán Mon celebra que Europa revise a protección do lobo: "Non podemos ignorar a preocupación dos gandeiros"

Tamén comentou que espera que o Goberno estatal "aproveite a oportunidade" para achegar todos os datos actualizados dos que dispoña e que abandone a "política de non diálogo" coas comunidades autónomas e de "bloqueo" dos fondos dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) asignados para o lobo para este ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2023 | Actualizada ás 15:27

Comparte esta noticia

O eurodeputado galego Francisco Millán Mon (PP) celebrou a decisión da Comisión Europea de revisar o nivel de protección do lobo e outros grandes carnívoros, e instou a alcanzar un nivel de "convivencia" que permita "manter un equilibrio" entre a conservación da especie e o sector primario.

"Non podemos ignorar as lexítimas preocupacións de quenes viven o campo, dos gandeiros", asegurou, lembrando ademais que a postura europea vai na liña do defendido desde 2021 pola Xunta de Galicia e outras rexións afectadas pola problemática como Cantabria, Asturias e Castela e León.

"Paréceme moi apropiado que se abrise un proceso de consultas e que se pida información directamente a entidades inferiores ao rango de Estado para valorar posibles medidas e, espero, axustar estas á realidade do terreo", defendeu o eurodeputado.

Tamén comentou que espera que o Goberno estatal "aproveite a oportunidade" para achegar todos os datos actualizados dos que dispoña e que abandone a "política de non diálogo" coas comunidades autónomas e de "bloqueo" dos fondos dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) asignados para o lobo para este ano.

Francisco Millán Mon
Francisco Millán Mon | Fonte: ERIC VIDAL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta