Ademais de dedicarse á fabricación destas embarcacións para o transporte dos alixos de cocaína e haxix desde alto mar ata a costa, tamén se atribúe a esta rede delitos de branqueo de capitais
  comenta   0
Efectivos de Policía Nacional, Garda Civil e Servizo de Vixilancia Aduaneira deron este martes un novo golpe á infraestrutura loxística do narcotráfico na zona de Arousa.
  comenta   0
A Fundación Galega contra o Narcotráfico entregou onte en Vilagarcía os seus premios anuais. O seu presidente, Manuel Couceiro, lembrou aos políticos presentes que "o narcotráfico ten que entrar na axenda política, hai que poñerllo máis difícil ao narcotraficante e ter unha discriminación positiva coa persoa adicta".
  comenta   0
No accidente non mediou ningún fallo mecánico, polo que os investigadores traballan coa hipótese de que fose froito dun descoido ou de somnolencia por parte do condutor. Ambos os dous falecidos contaban con antecedentes por narcotráfico.
As detencións tiveron lugar na xornada do luns tras realizar os axentes desprazados ao municipio tres rexistros domiciliarios noutros tantos inmobles situados no centro da localidade e proceder ao comiso de sustancias estupefacientes e diversos materiais utilizados presuntamente para a venda destas.
Diego Madrado pertence á Asociación Unificada de Guardias Civiles. Logo da morte de dous axentes en Barbate (Andalucía), o representante da AUGC sinala que nin gardas civís nin policías nacionais están tipificados como profesións de risco. Por outra parte, denuncian falta de vontade política que equipare salarios de gardas e policías nacionais con policías autonómicas así como poderen ter xubilacións sen perdas de poder adquisitivo.
  comenta   0
Un operativo da Garda Civil xunto á Policía de Portugal constatou xa en 2022 esta realidade ao desmantelar unha organización asentada no norte de Portugal e sur de Galicia que se dedicaba á construción destas narcolanchas.
  comenta   0
Aos seus 68 anos, e tras cumprirse o tempo máximo legal previsto en prisión preventiva (dous anos prorrogables a outros dous) pola súa detención do ano 2018 (Operación Mito), Miñanco queda libre, ata que a Audiencia Nacional comece o xuízo pertinente, que se especula que podería ter lugar no primeiro semestre deste 2024, aínda que non se sabe nada oficial. A Fundación Galega Contra o Narcotráfico amósase "alarmada".
  comenta   2
A fundación non obvia que a concesión desta serie de permisos obedece a dereito, por iso hai unha terceira decisión a tomar "de maneira urxente e inaprazable: revisar de forma rigorosa os criterios para outorgar permisos penais aos grandes capos da droga evitando que estas perigosas situacións volvan producirse".
  comenta   1
O segundo e o terceiro narcosubmarino, o primeiro laboratorio de produción autóctona de cocaína e as ducias de macroincautacións marcaron o ano que acaba de rematar. O xerente da Fundación contra o Narcotráfico de Galicia, Fernando J. Alonso, asegura que "hai que actuar xa, a nivel lexislativo e dotando de medios á policía e aos xulgados".
  comenta   1
O operativo contou coa presenza de axentes da DEA (servizos contra o narcotráfico de Estados Unidos) e do helicóptero da Garda Civil.
  comenta   0
A redada, que se materializou na mañá do martes cun amplo dispositivo policial, está supostamente relacionada cun alixo de máis 1.500 quilos de cocaína apresado no mes de abril en Portugal.
  comenta   0
A cocaína transportada estaba distribuída en 143 fardos, que pesaron un total de 5.132 quilos e cuxo valor foi estimado en 330 millóns polas autoridades francesas.
  comenta   0
Ao home, de 56 anos, acúsano dun delito contra a saúde pública, tráfico de drogas. O Xulgado de Instrución número 3 de Ourense é o encargado do caso.
  comenta   0
As producións televisivas e as novelas de ficción teñen moito que ver coa aceptación social do narcotráfico en Galicia, Colombia ou México. Nos países latinoamericanos esta tradición ven de lonxe, e convertiu aos narcos en auténticas estrelas mediáticas, admiradas en moitos casos. En Galicia, a serie 'Fariña' supuxo o comezo desta nova narcocultura, marcada polos Charlín ou os Oubiña.
  comenta   0
"Acumular patrimonio é a principal motivación destas organizacións, ao igual que a de calquera outra organización criminal", asegura o xerente da Fundación Galega contra o Narcotráfico, Fernando J. Alonso, que explica que, "na medida en que logremos facer que isto non lle sala rentable aos narcotraficantes, confiscando todas as súas propidades ao momento, poderemos desincentivar a actividade".
  comenta   0
Fernando J. Alonso, xerente da Fundación Galega contra o Narcotráfico, conta a Galicia Confidencial cal é a realidade do narcotráfico en Galicia a día de hoxe, nunha terra na de Oubiña ou Charlín se fixeron ricos a conta de moitas vítimas dun turbio negocio que se recrudece. As planeadoras volven ás rías galegas.
  comenta   0
Os axentes identificaron os detidos e encontraron ocultas nas súas roupas nove gramos de cocaína, 0,5 gramos de heroína e 20 gramos de haxix, así como uns 600 euros.
  comenta   0
Un policía que participou na investigación contra membros do 'clan dos charlines' incidiu nunha "conivencia" entre os acusados para "ocultar bens".
  comenta   0
Este operativo ten como obxectivo a desarticulación de grupo criminal dedicado á venda e distribución de drogas en distintos puntos da cidade de Pontevedra.
  comenta   0
Deste xeito haberá un parón de algo máis dun mes entre a primeira sesión do xuízo, celebrada o luns e na que compareceron os acusados, e as vistas testificales, periciais e as conclusións.
  comenta   0
Advirte dun cambio nas organizacións criminais con respecto ás dos anos 80 e 90, pois agora combinan as súas colaboracións ocasionais para "poder culminar" operacións concretas.
  comenta   0
Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, o investigados formaba parte dunha organización criminal cuxo obxectivo era a introdución de droga procedente de Latinoamérica en España.
  comenta   0
A presidenta de Érguete, Carmen Avendaño, que tamén asistiu ao acto, esixiu ás administracións que "poñan todos os medios para que a droga deixe de entrar en Galicia".
  comenta   0
A morte tivo lugar na xornada do xoves na súa cela e, como sucede con todas os falecementos baixo custodia, avisouse ao xulgado de garda para que procedese a realizar a autopsia.
  comenta   0
Segundo relata a sentenza, o 23 de marzo de 2021 varios mozos distribuídos en dous coches regresaban desde Vigo a Madrid, o seu lugar de residencia habitual, decidindo parar en Ourense, para adquirir cannabis.
  comenta   0
A través dun manifesto feito público na Illa, a Fundación solicita de forma urxente "necesitan medios e cambios legais" que permitan actuar con maior eficacia á Policía, Garda Civil ou Vixilancia Aduaneira.
  comenta   0
Pactaron as súas condenas á baixa coa Fiscalía que inicialmente solicitaba penas de prisión de entre ata dez anos por delitos contra a saúde, integración en grupo criminal e atentado a axente da autoridade.
  comenta   0