Falece o narcotraficante José Carlos Pombar na prisión da Lama

A morte tivo lugar na xornada do xoves na súa cela e, como sucede con todas os falecementos baixo custodia, avisouse ao xulgado de garda para que procedese a realizar a autopsia.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 14/07/2023 | Actualizada ás 16:27

Comparte esta noticia

O narcotraficante da comarca do Barbanza José Carlos Pombar faleceu no cárcere da Lama, onde cumpría condena tras ser interceptado no ano 2018 cando tentaba entrar en Panamá con documentación falsa.

Segundo informaron fontes consultadas por Europa Press, a morte tivo lugar na xornada do xoves na súa cela e, como sucede con todas os falecementos baixo custodia, avisouse ao xulgado de garda para que procedese a realizar a autopsia, que confirmará as causas da morte.

Natural da Pobra do Caramiñal, foi detido en 2018 cando tentaba entrar en Panamá con documentación falsa despois de atoparse fuxido da xustiza desde o 2004, tras ser condenado pola Audiencia Nacional en relación ao alixo de cocaína a bordo dun buque en alto mar.

José Carlos Pombar
José Carlos Pombar | Fonte: Interpol

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta