Cada vez menos medios para loitar contra unha entrada de droga maior que nunca, segundo a Fundación Galega contra o Narcotráfico

A entidade entregará catro Nécoras de Ouro na súa gala anual, que se celebrará en Vilagarcía o venres 5 de abril.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 01/04/2024 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

A Fundación Galega contra o Narcotráfico (FGCN) celebrará a súa gala anual en Vilagarcía de Arousa o venres 5 de abril. No transcurso da mesma realizarase entrega do catro Nécoras de Ouro que a FGCN concede a persoas ou entidades destacadas pola súa labor na loita contra o narcotráfico e as adiccións.

A gala, que terá lugar no auditorio municipal vilagarcián a partir das 20.30 horas, estará presentada polo xornalista Manuel Torrente e contará coa actuación da Banda de Música de Vilagarcía. Segundo destacou o xerente da Fundación, Fernando Alonso, a gala de 2024 "ten máis importancia, se cabe, que nunca", dadas as circunstancias "nada fáciles" polas que está a pasar a loita antidroga en España e en Galicia.

Fernando Alonso lembrou que en 2023 batéronse marcas de incautación de drogas, tanto en España como en Galicia. "Iso, por unha banda, indícanos que o traballo que están a facer as Forzas de Seguridade dá os seus froitos, pero tamén é revelador de que agora mesmo está a entrar máis droga que nunca", sinalou.

Pola contra, advertiu, os medios materiais e humanos de quenes loitan contra o tráfico de drogas "son cada vez menos". É por iso, engade o xerente da FGCN, que resulta "transcendental" neste momento visualizar a unión da sociedade fronte ao narcotráfico. Unha unión que, indica, "queda perfectamente plasmada na gala", na que participan representantes da sociedade civil, dos partidos políticos, dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, dos estamentos xudiciais e dos diferentes gobernos.

Narcolancha intervida
Narcolancha intervida | Fonte: GARDA CIVIL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta