O xulgado ditou un auto no que acorda este pago en execución dunha sentenza de setembro de 2022, que anulou un acordo da institución provincial para outorgar por 213.000 euros un contrato de subministración ao xornal por infrinxirse os requisitos esixidos.
  comenta   0
Democracia Ourensana cuestionou se os partidos da oposición teñen "a síndrome de Estocolmo". "Danvos cousas para os vosos pobos e non sei se padecedes a síndrome de Estocolmo, porque estades adoitados a que non vos desen nada", esgrimiu Rafael Cachafeiro, portavoz da formación.
  comenta   0
"Estamos ante un acordo histórico, non para o PSOE senón para toda a provincia, teremos unha repartición xusta e equitativa de 22,8 millóns de euros", manifestou Álvaro Vila do PSOE ourensán
  comenta   0
O presidente da Deputación de Ourense avanza que será reivindicativo co Goberno de Rueda e pronúnciase sobre o caso de exceso de velocidade de Manuel Baltar, agora senador: "A min non me gustaría estar condenado nun cargo público".
  comenta   0
A Deputación de Ourense aproba unha moción para "profesionalizar" a estación de Manzaneda con "xestión transparente"
  comenta   0
Os nacionalistas piden que a Xunta de Galicia financie o 100% dos gastos que os concellos asumen nos ámbitos sanitario e educativo, especialmente os centros de día e as escolas infantís
  comenta   0
Menor di que se trata dun trámite ordinario, "un trámite de petición" e que "se se cumpren os requisitos" "o normal" é que o órgano, neste caso o Senado, "autorice o levantamento".
  comenta   0
O TS pide un suplicatorio á Cámara para suspender a inmunidade que agora ten como senador o ex presidente da Deputación de Ourense.
  comenta   0
O presidente do Partido Popular de Ourense afeou a postura dos grupos da oposición na Deputación, onde tombaron a modificación da relación de postos de traballo no último pleno.
  comenta   0
Armando Ojea é o candidato de Democracia Ourensana á Xunta de Galicia para as eleccións do 18F. Leva na formación desde que se fundou xunto con Gonzalo Pérez Jácome. É "realista" e estima a representación da súa forza política en tres ou catro deputados. Non será doado pactar con eles segundo o que se entende das súas palabras se antes non se arranxa a "débeda histórica con Ourense". De lugar en lugar pola provincia en autocaravana, Ojea vai repartindo as ideas de DO avaliando que hai moito descontento cos partidos "tradicionais".
  comenta   1
Pide a execución dunha sentenza que dá un mes ao xornal ourensán para devolver os 2,7 millóns de euros que recibiu da Deputación de Ourense polo seu arquivo histórico nunha sentenza que a propia deputación rexeita.
  comenta   0
"Creo que o plan único é algo importante, hai outras provincias que puideron ter ese plan cando os socialistas gobernaban nas deputacións", declarou o candidato á Xunta do PSdeG.
  comenta   0
O presidente da Deputación, Luís Menor, destacou que a institución expresou por unanimidade a concesión desta medalla a Carreño, quen pasa a "integrar o selecto grupo de fillos distinguidos".
  comenta   0
Outro dos aspectos que trataron é o apoio á creación do Estatuto do Traballador Transfronteirizo, "algo moi necesario", xa que dos 16.000 traballadores transfronteirizos de España, 14.000 están na eurorrexión.
  comenta   0
O que foi presidente provincial convoca unha xunta directiva na que o PP dá por feito que renunciará a liderar o PP de Ourense. Rueda asistirá a esta xunta directiva.
  comenta   0
Os alcaldes e alcaldesas asinantes do Pacto de Pedre mantiveron este xoves unha reunión co presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, para solicitar o apoio da institución provincial na reivindicación da mellora integral da estrada N-541, unha vía de alta sinistralidade.
  comenta   0
Víctoria Núñez é actualmente xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente e é filla do que fóra un dos impulsores de Centristas de Galicia e primeiro presidente democrático da Deputación de Ourense, Victorino Núñez, quen tamén presidiu o Parlamento de Galicia co PP.
  comenta   0
Entre eles, fixeron especial fincapé na necesidade dun Plan Único "debidamente financiado", un cambio no modelo de contratacións e a recuperación da xestión de servizos públicos externalizados.
  comenta   0
A Deputación de Ourense prestará o seu apoio institucional á candidatura, que pretende para dar a coñecer os recursos e potencial destes territorios rurais de alta montaña, con especial atención aos espazos naturais protexidos nesta zona do Macizo Central.
  comenta   0
Na cita, repasaron os programas nos que colaboran ambas as entidades, entre eles o plan Exporta, para promover a internacionalización das empresas, un dos eixos de traballo que seguirán en activo. Tamén abordaron, entre outros asuntos, o programa Reactiva Ourense, que ten como obxectivo atopar traballo ás persoas desempregadas maiores de 45 anos que perdesen o seu posto de traballo durante a crise económica derivada da pandemia.
  comenta   0
Estes encontros completan a terceira rolda de reunións cos rexedores de toda a provincia, co obxectivo de coñecer de primeira man as necesidades e peticións de colaboración supramunicipal.
  comenta   0
En concreto, o informe de fiscalización dos controis básicos de ciberseguridade relativo ao exercicio 2022 sinala que o índice de madurez xeral dos controis "é insuficiente" e que "debe mellorar" para conseguir os niveis esixidos polo Esquema Nacional de Seguridade.
  comenta   0
a institución solicitou formalmente á Xunta de Galicia a cesión dun espazo para o seu uso como sede provisional en Valdeorras, en concreto, na Casa Grande de Viloira.
  comenta   0
Estes encontros continuarán nas próximas semanas para analizar en profundidade os proxectos nos que está a colaborar a Deputación e as necesidades dos concellos, coa intención de "articular mecanismos eficaces de cooperación institucional".
  comenta   0
Os próximos 25 e 26 de agosto o Castelo de Monterrei acollerá a XXXVIII Xuntanza Internacional de Gaiteiros. Este foro naceu hai case 40 anos como complemento ás actividades da Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense.
  comenta   0
O presidente do PP de Ourense descartou que o liderado de Feijóo no PP poida estar en risco dada a difícil conxuntura á que se enfronta para chegar a presidir España. "En absoluto, non hai ningún tipo de risco", dixo.
  comenta   0
Baltar solicitou o seu reincorporación á súa praza como funcionario na Xunta, obtida mediante unha oposición en 1993 antes de cambiar a función pública pola política.
  comenta   0
O novo presidente do ente provincial oi elixido este luns no pleno de constitución da Corporación Provincial, que tivo que aprazarse debido aos recursos electorais do Concello de Celanova.
  comenta   0
"Despídome deste cargo pero seguirei sendo un firme crente dos valores defendidos por esta asociación", sinala Baltar, que incide en que "Ourense non renuncia ao seu papel de futuro como unha gran capital termal".
  comenta   0
O líder dos populares galegos non quere cabrear a Baltar tras a escolla de Luis Menor como futuro presidente da Deputación de Ourense, aínda que non oculta a "afinidade" co presidente da Deputación de Pontevedra.
  comenta   1
O pleno da constitución da Corporación Provincial está previsto que se celebre a comezos da próxima semana, aínda sen data concreta.
  comenta   0