Xa foron elixidos os deputados do novo pleno da Deputación provincial de Ourense

O pleno da constitución da Corporación Provincial está previsto que se celebre a comezos da próxima semana, aínda sen data concreta.

Por E.P. | OURENSE | 10/07/2023 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

As 25 deputadas e deputados que conformarán o novo pleno da Deputación provincial de Ourense xa foron aprobados coa elección este luns dos concelleiros electos polo partido xudicial de Ourense, que fora aprazada debido á presentación dun recurso electoral en Celanova.

Tanto os representantes do Partido Popular como os do Partido Socialista, o Bloque Nacionalista Galego e Democracia Ourensana acudiron aos xulgados para votar a man alzada aos candidatos que ocuparán os escanos de cada partido en representación do partido xudicial ourensán, o que outorga a maior parte dos membros da corporación provincial tendo en conta que engloba a 19 municipios da área.

Así pois, os concelleiros electos das catro formacións con representación na Deputación Provincial accederon aos xulgados para aprobar as listas que decidiran nos órganos dos partidos.

Os máis madrugadores foron os representantes de Democracia Ourensana e o Bloque Nacionalista Galego. No BNG, os edís electos xa escolleran ao seu representantes en xuño en asemblea. Así, repetirá o edil do concello de Allariz, Bernardo Varela, e a el uniranse Xosé Manuel Puga, un dos concelleiros do partido na cidade das Burgas e María Xosé Mangana, tenente alcalde en Baños de Molgas.

Por Democracia Ourensana serán deputados o rexedor municipal de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o tenente alcalde da cidade, Armando Ojea e Rafael Cachafeiro, o único dos concelleiros sen competencia de goberno no concello.

A continuación foi a quenda dos socialistas que formalizaron o sete persoas que tomarán posesión da acta. No seu caso repetirán o alcalde de Taboadela, Álvaro Vila Araújo; a concelleira de Amoeiro, Susana Rodríguez e a edil do PSOE en Xinzo de Limia, Elvira Lama,pola JEZ de Ourense.

Pola Xunta Electoral do Ribeiro repetirá o edil de Ribadavia Ignacio Gómez, pola JEZ de Valdeorras Aurentino Alonso, edil no Barco Valdeorras; e pola zona do Carballiño, o concelleiro carballinés Diego Fernández. A nova incorporación é a representante do partido xudicial de Verín Mariña Vaz Quintanillán, edil en Riós.

A última quenda foi o do Partido Popular. Os elixidos pola Xunta Electoral de Zona de Ourense son Luís Menor, alcalde de Pereiro de Aguiar --a quen Manuel Baltar propuxo o pasado martes na Xunta Directiva Provincial como próximo presidente da Deputación--,Rosendo Fernández, vicepresidente do ente provincial o pasado mandato.

Ademais, estréanse Marta Novoa, a alcaldesa de San Cibrao das Viñas; a alcaldesa da Bola, María Teresa Barge; e o concelleiro do PP na Peroxa, Manuel Seoane. Repetirá Jorge Pumar, edil no concello de Ourense.

Completan a lista do Partido Popular o deputado polo Ribeiro, César Fernández --alcalde de Ribadavia--, Xosé Miguel Blecua --alcalde de San Xoan de Río--, Patricia Torres --alcaldesa de Boborás-- Plácido Álvarez --alcalde de Muiños--, María del Carmen González --rexedora deCarballeda de Valdeorras-- e José María Lago, edil na Gudiña.

O pleno da constitución da Corporación Provincial está previsto que se celebre a comezos da próxima semana, aínda sen data concreta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta