O BNG de Ourense esixe que a Xunta e o Estado financien servizos que "afogan" aos concellos da provincia

Os nacionalistas piden que a Xunta de Galicia financie o 100% dos gastos que os concellos asumen nos ámbitos sanitario e educativo, especialmente os centros de día e as escolas infantís

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2024 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

O BNG esixirá no pleno que terá lugar este venres na Deputación de Ourense á Xunta e ao Estado que financien os servizos públicos que "afogan aos pequenos concellos da provincia".

Esta é unha do tres mocións que a formación defenderá neste pleno e, nela, reclama medidas económicas inmediatas para que os custos dos servizos sociais deixen de ser asumidos polas entidades locais.

Os nacionalistas piden que a Xunta de Galicia financie o 100% dos gastos que os concellos asumen nos ámbitos sanitario e educativo, especialmente os centros de día e as escolas infantís. E é que, segundo denunciou o Bloque, a pesar de que o Executivo autonómico "anunciou" a xeneralización da gratuidade dos centros de 0 a 3 anos, "só financian integramente os custos das escolas infantís privadas".

"Os concellos deben consignar millóns de euros de fondos propios para financiar uns servizos doutras administracións en detrimento de outros servizos que si son propios", expuxo o portavoz do grupo provincial do BNG, Bernardo Varela.

No mesmo sentido, lembrou que a Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local "establece que os servizos sociais non son responsabilidade da administración local, pero que, con todo, hai concellos que invisten o 50% dos seus orzamentos municipais nestes servizos".

Sinalou, ademais, que no ano 2006 "cun acordo de todas as forzas políticas representadas na Federación Galega de Municipios e Provincias" logrouse o chamado Pacto Local, que recollía "en boa medida a resolución de boa parte destes feitos". "Con este deixamento por parte das administracións superiores o que se consegue é afogar aos concellos e impedir que desenvolvan aquilo para o que si están obrigados pola propia lexislación", manifestou Bernardo Varela, que urxiu a tomar medidas.

Para ejemplificarlo, os nacionalistas apuntaron ao servizo de axuda no fogar ao asegurar que cada concello é financiado con 12 euros a hora, "o que non cobre os 24 por hora que custa" e tampouco "as múltiples incidencias que xorden, como as baixas, e que van contra os orzamentos dos concellos".

Tamén os centros de día, os centros de saúde ou os centros escolares onde, conforme apuntou, os concellos deben asumir os gastos de limpeza, mantemento "e mesmo nalgúns casos contratación de administrativos, gastos de teléfono, calefacción

"Toda unha serie de gastos impropios que afogan aos concellos", insistiu Varela, que para terminar explicou que a lei, que rexe para todo o que son servizos sociais, indica que "a cobertura levaría a cabo un 50% pola Xunta e un 50% polo Estado" e con todo afeou que "non se fan cargo".

O Bloque defenderá esta moción este venres na sesión ordinaria do Pleno da Deputación Provincial correspondente ao mes de marzo; á que tamén leva unha iniciativa sobre o transporte metropolitano e outra sobre a xestión da estación de montaña de Manzaneda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta