Comezan os contactos entre o presidente da Deputación de Ourense e os alcaldes da provincia

Estes encontros continuarán nas próximas semanas para analizar en profundidade os proxectos nos que está a colaborar a Deputación e as necesidades dos concellos, coa intención de "articular mecanismos eficaces de cooperación institucional".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2023 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, iniciou este xoves unha rolda de contactos cos alcaldes da provincia co obxectivo de escoitar as súas propostas e necesidades, así como explicarlles persoalmente as novas liñas estratéxicas que marcarán a xestión do goberno provincial.

Polo momento, Menor recibiu no Pazo Provincial aos rexedores municipais de sete concellos das comarcas de Terras de Celanova, Terras de Caldelas, A Limia, O Carballiño, O Ribeiro e Allariz-Maceda.

O alcalde de Trasmiras, Emilio Pazos; a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid; o alcalde dos Blancos, José Manuel Castro; a alcaldesa de Gomesende, Pura Rodríguez; o rexedor de Parada de Sil, Aquilino Domínguez; o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luís Valladares, e o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos foron os que abriron este ciclo de conversacións.

Estes encontros continuarán nas próximas semanas para analizar en profundidade os proxectos nos que está a colaborar a Deputación e as necesidades dos concellos, coa intención de "articular mecanismos eficaces de cooperación institucional".

Ademais, esta toma de contactos complementa o programa de visitas que está a realizar Luís Menor a distintos puntos da provincia no marco dun dos seus eixos de traballo, que pasa por ter unha presenza continua en todo o territorio.

Luis Menor
Luis Menor

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta