Artigos de Rafael Cuiña

Consecuencias non calculadas

É certo, que nos momentos de especial dificultade, a sociedade tende a culpar aos gobernos que nese momento xestionan a situación, independentemente do tempo que leven gobernando polo mandato popular das urnas.

Unha sociedade enferma e terminal

Nos tempos nos que a miseria invade a condición humana, a crise potencia que o individuo esmoreza, e aflore o peor de cada un como se dunha supervivencia darwiniana estivésemos falando.

Novos tempos na Galicia política

Existe na parte máis politizada da sociedade galega, un forte ruxe-ruxe sobre o devir dos tempos actuais, e os posibles “florecementos” de novas formacións políticas.

Coser...e cantar

A asemblea de Amio, finalmente non foi a da refundación. Falando cos diferentes líderes das distintas faccións do BNG, todos os que non pertencen a UPG, pensan que o resultado da “batalla de Amio” deixa un parte de baixas en combate moi superior ao desexable, e co enfermo crónico cambiando de estadío, para pasar ao de “enfermo terminal”.

Fraga e o seu tempo

Días despois do pasamento de D. Manuel Fraga, a conciencia pídeme que faga una reflexión sobre un home extraordinario, que na balanza da Historia de Galicia ten moitísimas máis cousas no seu haber, que no tamén existente debe.

A realidade é sempre teimuda

Mentres os chamados comedores sociais están cada vez máis ateigados de seres vivos cuxa dignidade todos os día tenta dilapidar esta inxusta sociedade, os nosos políticos submisos aos mercados, marcan follas de ruta cara o sufrimento existencial e o padecemento social de xentes que o único que queren é que os seus dereitos sexan respectados.

A culpa é do mensaxeiro

Os gardiáns das esencias da esquerda nacionalista, séntense atacados polas plumas libres, que teñen a ousadía de criticar, dende a subxectiva análise política, o que acontece no bando nacionalista camiño da autolaminación, por democrática decisión dos galegos ante unha proposta política con cada vez menor apoio electoral.

Alterando o estado das cousas

Os medos aos trocos estruturais, poden ser patoloxías conxénitas nas sociedades nas que os non iniciados comandan órganos sociais vitais, tendo claro que por desgraza, non existe vademecum que axude a guiar a solución a ese mal endémico.