Artigos de Rafael Cuiña

A vitoria dos pretorianos

Nos tempos nos que as dagas voan buscando seres inertes aos que axustizar, premiar a fidelidade dos teus por parte do “primus inter pares”, é algo salientable e non habitual no mundo da política con minúsculas co que a esta xeración nos toucou lidar.

De fanáticos e radicais

É sempre curioso observar, como son acusados de provocar tormentas innecesarias, aqueles que só defenden o propio, dende posturas máis ou menos discutibles. A lexitimidade na defensa da lingua propia de Galicia, non debera estar máis que en mans de todos aqueles que teñan un mínimo respecto por unha cultura ancestral, cansa xa de que os que a atacan, consideren que como os “panzer” xermanos, poden atravesar calquera terreo enlamado con tal de conseguir os seus maquiavélicos fins.

Minutos de gloria

As organizacións políticas, en pura teoría, terían que ser entes vivos nos que o debate fose consubstancial ao seu desenvolvemento ideolóxico como oferta de servizo á sociedade.

Tempo de silencio

Como na novela de Luís Martín-Santos, estamos en momentos nos que o chamado en literatura “realismo social”, empeza a quedarse curto, para describir situacións que vivimos nas nosas cidades, teoricamente nun país do primeiro mundo.

Regreso ao futuro

É ben certo, que as borrascas case sempre entran polo noroeste. Sen dúbida a vitoria dos populares galegos en 2009, supuxo un cambio de tendencia no panorama político español, que chega ao seu cumio coa agardada vitoria do centro-dereita reformista, mudando claramente o sentido do voto dun país socioloxicamente de centro-esquerda.

Un reto titánico

É un axioma incontestable en política, que á larga todas as máscaras caen. Digo isto, porque na data previa á xornada electoral, a necesaria reflexión debe levar ao cidadán a discernir opcións políticas cribles e que representen coherencia no discurso, das cortiñas de fume aderezadas con retórica demagóxica electoral.

Tedio electoral

Xúrolles que estamos en campaña electoral. Un, que foi adicto a elas durante moitos anos, observa con desidia, cando non cun certo desinterese, a evolución das caravanas electorais, e a reiteración de discursos baleiros de contido, que buscan máis evitar erros e as súas consecuencias, que achegar movementos concretos nesa partida de xadrez, na que estamos no abeiro do “xaque mate”.

Estamos en campaña?

As campañas electorais en tempos pretéritos, eran recunchos de ilusión e compromiso militante, no que as forzas políticas medían apoios sociais, coa esperanza de ser aceptados por un pobo sempre receoso dunha caste política que non sempre os corresponde.