Artigos de Rafael Cuiña

Encontros na terceira fase

Ríos de tinta levan esta tempada os xornais sobre a situación política do Estado, despois dunhas eleccións xerais que deixaron un mapa político moi interesante para os que queren facer política con maiúsculas, e desalentador para os mediocres acomodados nun Sistema demostrado como imperfecto.

Times they are changin

Imaxínome a Bob Dylan sentado na praza do Obradoiro, escoitando como a chuvia golpea ese mar de pedra azoutado polo vento, chamado Compostela, e observando nas páxinas de algún xornal, como “eses celtas galegos” combaten a lóxica dos tempos que sen dúbida están mudando, a pesares da resistencia de políticos con minúscula que pensan que na tradición política está o mantra de autoprotección das cadeiras dun Sistema cada vez máis aborrecible.

Un rogo desesperado

A cidadanía galega sempre se caracterizou pola bipolarización entre aqueles que contemplan o devir dos tempos, como se os males fosen intrínsecos á nosa condición de galegos, e por aqueles de actitude combativa dende unha trincheira da que non queren saír, acomodados nunha marxinalidade na que teñen un protagonismo absolutamente irrelevante.

Matar ao pianista

Finalmente os eséxetas das esencias rupturistas, decidiron asomar tras o período estival, e abriron a caixa de Pandora da destrución da unidade.

Chegou o momento

Páxinas e páxinas de opinións máis ou menos versadas, “fatwas” de ayatholas máis ou menos en retirada, reunións de colectivos de xeración máis ou menos expontánea, e manifestos que xorden como lepiotas proceras, de calquera recuncho do país dos mill ríos. Todo iso resúmese en “unidade si, mais a vaquiña polo que vale”...

25 de xullo, unha oportunidade de futuro

Seguramente, nun país medianamente normalizado, unha celebración como a do 25 de xullo sería un motivo de festa e de orgullo do conxunto da poboación. En Galicia esa situación por desgraza non se dá, porque dende idades temperás, o ADN deste pobo fai que o evidente sexa accesorio, e o necesario, unha simple fonte de problemas.

O leite é o futuro de Galicia

Vivimos días moi tristes para o campo galego; días nos que o sector do leite observa impotente como os nosos gandeiros van cara unha ruína vergoñenta baixo o paraugas das administracións públicas, que semellan máis preocupadas por que non lles afecte o problema, que por buscar solucións.

Realidades paralelas

Hai tempo que non me asomaba por esta fiestra de pluralidade, para comentar as miñas inquedanzas, sobre o que pasa nesta Galicia moribunda, na que os seus responsables campan ás súas anchas, mentres unha parte do pobo vive na inacción e a outra comulga con rodas de muiño.