Artigos de Rafael Cuiña

Unidade ante o 25 de Xullo

Neste verán galaico no que os o tempo climatolóxico é máis cambiante que as decisións do goberno central, Galicia ten no horizonte próximo a celebración dun día da patria, no que moitos senten a necesidade de reivindicar que esta terra ten futuro a pesar da acción de moitos dos seus fillos.

Sociedade dependente

Esta semana que vai rematando, un tivo a impresión de ver dende a tribuna do Congreso dos Deputados, ao actual Presidente do Goberno tocando as trompetas da apocalipse, anunciando a finalización dun xeito de entender a nosa sociedade.

Que digan a verdade

Un goberno dun Estado coa soberanía cada día máis no poleiro das súas posibilidades, un autogoberno recortado polos incompetencia irresponsable de gobernos incapaces, e reguladores financeiros cómplices de buracos negros económicos que estrangulan a unha sociedade cansa de tanto despropósito.

Vostedes dirán

Escoitando hai poucos días a intervención do Presidente de Uruguai José Mujica, no cumio de Río, un tiña a sensación que a política pode ser realmente servizo público, e non unha pseudo profesión, na que os máis mediocres sobreviven a base de indignidades existenciais e ambicións por riba das propias capacidades.

Debate sobre o estado das persoas

O goberno central, dirixido hai poucos meses polo galego Mariano Rajoy, decidiu que nesta ocasión, non é necesario que o Parlamento español onde están os representantes da soberanía popular, celebre o debate sobre política xeral do Estado, máis coñecido como “debate sobre o estado da nación”, aínda que algúns pensamos que sería máis correcto denominalo “debate sobre o estado do Estado…”

Os escindidos do Bloque

Acontece no “país dos mil ríos”, que todo aquilo que non poida ser dominado e manipulado polos poderes fácticos establecidos, ou polo sistema tradicional de partidos políticos, non pode ser máis que un potencial perigo a eliminar, para a supervivencia dunha caste política acomodada.

Unha dieta de dura realidade

Unha vez máis, o Centro de Investigacións Sociolóxicas, reflicte o sentir da cidadanía con respecto a súa caste política.

Un novo galeguismo agroma

Estamos nun momento político histórico na nosa terra, no que agroma das conciencias da xente comprometida con ela, unha refundación de todo o que significa o movemento galeguista, ilusionante e esperanzadora, mais tamén coas lóxicas dificultades de todo nasciturus.