"Na zona próxima á costa, a partir de mínimas mantidas sobre os 10 graos e máximas a partir dos 16 a raíña comeza a saír da hibernación, o que se dá no mes de febreiro en diante, normalmente, aínda que pode adiantarse (como din que aconteceu este ano) pola climatoloxía", explica José María Bello Santos dende a Asociación Galega de Apicultura, que destaca que, con todo, o pico debería chegar "na última semana de marzo ou nos primeiros quince días de abril".
  comenta   0
As velutinas seguen a supoñer un problema para os apicultores e este ano a escaseza de mostras de mel de eucalipto ou de silva non permitiron outorgar premios nestas categorías. "Nas analíticas vense algúns graos de humidade que non chegan a afectar á calidade comercial do mel, pero que si demostran que ao mellor a velutina está obrigando ao apicultor a sacar o mel antes do previsto", reflexiona o veterinario de AGA Joaquín Lozano.
  comenta   0
Coñecemos a historia de Manuel Aira, bombeiro de profesión en Monforte de Lemos que comezou coa apicultura como afección. Cos enxames que ten en Pantón e Pedrafita do Cebreiro quería recuperar a vinculación coa orixe dos seus avós.
Celebrarase o vindeiro sábado día 2 de setembro e contará con máis dunha ducia de postos na contorna da Praza do Matadoiro, exterior da reserva da Biosfera.
  comenta   0
Tras realizar un total de 151 enquisas a persoas dedicadas á apicultura en Galicia, estimaron que os custos de control e prevención nos que incorreron ascenden a 2,5 millóns de euros.
  comenta   0
Supón unha redución da base impoñible estimada en 1.807 millóns, a de maior alcance da última década, segundo o Executivo.
  comenta   0
A vila do Arnoia celebrará a IV Feira dos produtos apícolas o sábado 3 de setembro. O evento pretende situarse coma unha das feiras de referencia do sector en Galicia.
  comenta   0
O Goberno suma unha nova baixada de impostos ao campo para paliar a difícil situación de moitas explotacións.
  comenta   0
Científicos da Universidade de Vigo fixeron un estudo de dous anos no que monitorizaron un apiario en Boqueixón baixo a presión das vespas asiáticas, que se produce entre os meses de maio e outubro. O traballo describe en detalle os mecanismos de protección e vulnerabilidades das abellas melíferas. “O fortalecemento das colmeas e a mellora do seu estado de saúde das colmeas é fundamental para evitar o seu descenso”, avisan. Os resultados desta investigación teñen coincidencias cos doutro estudo similar realizado en Cataluña.
  comenta   0
Haberá xornada de portas abertas de gandería extensiva, exposicións de cogomelos, colmeas antigas e modernas, panais e instrumentos de apicultura ou presenza de artesáns da cestería e da madeira.
  comenta   0
Galicia é a terceira comunidade con maior número de explotacións ao sumar, con 4.663, o 14% do total; á vez que, segundo Balseiros, é "o único" territorio do norte de España que conta cunha produción "significativa" de mel.
  comenta   0
Trátase dun tratamento alternativo aos convencionais: a partir de produtos de orixe natural compatibles coa produción ecolóxica.
  comenta   0
Coincidindo coa celebración do Día Mundial da Abella, a Asociacón Galega de Apicultura recorda a importancia de loitar contra os pesticidas.
  comenta   0
Este rapaz de Sarria vive das súas abellas desde o 2017. Gran parte da súa produción vai para unha cooperativa e de cara a este ano pensa xa en crear a súa propia marca e tenda online.
A maioría de apicultores traballan por afección e por complementar a economía familiar. Os traballadores en exclusiva son poucos. O rendemento económico que lle poden sacar depende do destino que se lle dea a este produto.
  comenta   0
As denominadas matogueiras de toxo, breixo e outras plantas de pequeno tamaño ven minguar a súa extensión, ocupando o seu lugar especies invasoras. Á parte disto, asociacións ecoloxistas e ambientalistas acusan á administración de non cumprir coa preservación destes hábitats, algúns deles, lugares de especies endémicas únicas.
  comenta   0
A feira de artesanía 'Arte de man' estaba programada para o 13 de setembro e a Feira de Produtos Apícolas para o 20.
  comenta   0
O sector reclama "coordinación" para frear a "praga". O número de niños retirados e neutralizados a través do plan de Seaga ascende a case 8.400, segundo a Xunta
  comenta   0
A aparición de osos no macizo central de Ourense revelou que a especie pode estar recuperándose logo de estar ao bordo da extinción. O lobo ten a imaxe máis polémica, acusado de case todos os danos ao gando extensivo. Ambos animais representan dúas visións distintas da relación humano-animal salvaxe segundo recollemos nesta reportaxe.
  comenta   1
Os herbicidas atacan a todo tipo de plantas, sexan ou non rendibles para a agricultura. Só os cultivos modificados xeneticamente poden resistir determinados compostos químicos. Algunhas voces relacionadas co rural estiman que algúns efectos destes produtos químicos poderían acabar eliminando parte da flora autóctona.
  comenta   1
A existencia de insectos polinizadores é unha garantía para a pervivencia de ecosistemas e cultivos. O uso de insecticidas agresivos, a destrución de hábitats naturais para a pervivencia destas especies animais están entre os factores que aceleran a desaparición. A propia ONU está levando a diante campañas de concienciación sobre este tema.
  comenta   0
Apicultores e expertos en medioambiente anuncian que as velutinas chegaron para quedar e que, a partir de agora, haberá que convivir con elas o mesmo que con outras especies invasoras. Actualmente existen estudos para frear a súa proliferación, pero non a súa extinción. A cuantificación de danos só en apicultura estaría sobre os cinco millóns cada ano din desde asociacións de apicultores.
  comenta   0
A Eurocámara aprobou esta semana unha resolución que remarca a urxencia de diminuír o seu uso e incrementar os fondos para investigación.
  comenta   0
O Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) denuncia que os desmontes masivos de matogueira na súa comarca están a estragar recursos naturais e económicos en nome da prevención contra o lume. Consideran que detrás destas accións hai un negocio que está eliminando o monte baixo, un espazo considerado de vital importancia desde a Unión Europea. As empresas de desmontes cobran grazas ás axudas que as comunidades de montes reciben desde a Consellería de Medio Rural.
  comenta   1
A proposta da Comisión Europea debía incorporar as directrices da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA, polas súas siglas en inglés) para evitar unha exposición aguda e crónica das abellas aos pesticidas.
  comenta   0
Devandito orzamento destinarase a particulares titulares de explotacións apícolas, cooperativas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia.
  comenta   0
Organiza a II Feira dos Produtos Apícolas en Allariz o día 15 de setembro.
  comenta   0
O evento foi celebrado en Arzúa e organizado pola Asociación Galega de Apicultura (AGA). Tamén houbo outros acontecementos relevantes como a posta en marcha do Concurso de Meles do País.
  comenta   0
Representantes das asociacións de apicultores cren que o protocolo vixente é insuficiente e reclaman unha renovación do mesmo. O investigador Xesús Feás considera que é indispensable aumentar a formación dos traballadores que retiran niños de velutina. Tamén se reclaman máis datos para actuar con maior precisión.
  comenta   0
O sector apícola ourensán denuncia o "grave problema económico, ambiental e social" co avance da velutinadi que fai un "I+D caseiro" para combater a praga e solicita que a Administración certifique o seu traballo.
  comenta   0
Varios equipos científicos en Galicia, Portugal e Francia traballan na identificación de feromonas de alarma e sexuais para crear cebos exclusivos para avespas asiáticas, ante a escasa eficacia das trampas caseiras e comerciais, que constitúen unha ameaza adicional para os insectos nativos.
  comenta   0
Un estudo destaca que en 2018 esta ave puido ter rematado con 728 niños de asiáticas na zona do Morrazo. Desde AGA apuntan ao trampeo como outra forma eficaz de rematar con esta praga.
  comenta   0
Dende 2012 a Vespa Velutina é a protagonista en todas as conversacións entre os apicultores galegos, creando un dos maiores problemas os que se enfrontan.
  comenta   0
Desde que a velutina comezou a inquietar a apicultura, José María Vázquez converteu o control da praga nun obxectivo empresarial e vital. En 2014 creou unha empresa que xa conta con sete franquicias en todo o norte peninsular entre Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Cataluña.
A Asociación Nacional de Empresas de Sanidade Ambiental (Anecpla) insistiu na necesidade de control da 'vespa velutina', tamén coñecida como avispa asiática, avispón asiático ou avispa negra, polo seu perigo para abellas, apicultores e biodiversidade.
  comenta   0
O Sindicato Labrego Galego (SLG) e a Asociación Galega de Apicultura (AGA) protestarán o día 11 de decembro xunto con outras organizacións que farán o mesmo noutras cidades do Estado.
  comenta   0