A EOI de Santiago pon a proba as nosas habilidades tradutoras

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago organiza unhas xornadas sobre literaturas estranxeiras en galego. O encontro celebrarase o 14 de marzo e a el achegaranse profesionais da tradución. Será unha mesa redonda que dará paso a talleres para traducir desde diferentes linguas.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/02/2018 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega da EOI de Santiago organiza unha mesa redonda sobre a tradución de literaturas estranxeiras ao galego. Será nas instalacións da EOI o día 14 de marzo ás 17:00. Con esta actividade quérese facer un exercicio de aproximación ao tratamento que se fai dos traballos literarios unha vez que son traducidos ao galego.

Escola Oficial de Idiomas de Santiago
Escola Oficial de Idiomas de Santiago | Fonte: EOI Santiago

As actividades comezarán cunha mesa redonda sobre a tradución ao galego. Neste acto estarán presentes profesionais da tradución. Concretamente serán María Alonso Seisdedos, Patricia Buxán, Isabel Soto e Alejandro Tobar Salazar.

OBRADOIROS DE TRADUCIÓN

Unha vez que remate a mesa redonda, pasarase a realizar talleres de tradución impartidos polos tradutores convidados. Así, será Patricia Buxán quen modere o obradoiro de tradución do alemán, Isabel Soto o de francés, Alejandro Tobar o de inglés e María Alonso Seisdedos moderará o de italiano.

A participación nestes obradoiros estará aberta para o alumnado dos niveis avanzados e C1 de cada lingua. Haberá que facer unha inscrición previa, que remata o 28 de febreiro, enviando un mail a dalvarez@eoisantiago.org. O alumnado inscrito recibirá os textos con tres semanas de antelación para preparar a súa tradución e discutir e poñer en común no obradoiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta