Temas: PORTUGAL

A Academia Galega de Língua Portuguesa, novo membro consultivo da Comunidade de Países de Língua Portuguesa

É a primeira vez que unha entidade galega entra a formar parte deste grupo que impulsa a lingua e a cultura lusófonas.

Por Galicia Confidencial | Brasilia | 21/07/2017 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

A Academia Galega de Língua Portuguesa (AGAP) acaba de ser nomeada como membro consultivo da Comunidade de Países de Língua Portuguesa (CPLP). Unha decisión que se adoptou na XXII Reunión Ordinaria do Consello de Ministros deste organismo que tivo lugar en Brasilia este xoves.

Mapa dos países da CPLP
Mapa dos países da CPLP

O encontro contou coa participación dos ministros dos Negocios Estranxeiros e das Relacións Exteriores, ou seus representantes, da República de Angola, da República Federativa do Brasil, da República de Cabo Verde, da República da Guinea-Bissau, da República da Guinea Ecuatorial, da República de Mozambique, da República Portuguesa, da República Democrática de San Tomé e Príncipe, da República Democrática de Timor-Leste, e da Secretaria Executiva da CPLP.

A Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP) é unha organización integrada por países lusófonos, que promove a alianza e a amizade entre os signatarios.  Realiza unha Conferencia dos Xefes de Estado e de Goberno cada dous anos que estuda as prioridades e os resultados da CPLP. O plano de acción é tomado polo Consello dos Ministros dos Negocios Estranxeiros e Relacións Exteriores, que se celebra anualmente. 

Galicia e Macau

Xunto a AGAP foi nomeada como membro consultivo a Universidade de São José de Macau. Precisamente, Galicia e Macau levan anos ás portas de ter representación neste órgano. En Galicia, a AGAL pide desde hai tempo que algunha institución galega sexa aceptada como membro de pleno dereito da CPLP, ou polo menos como observadora.

Tamén os gobernos de Guinea Ecuatorial e Mauricio, a pesar de falar outros idiomas, buscaron obter o estatuto de Observador da CPLP. Na VI Conferencia de Xefes de Estado e de Goberno, realizada en Bissau en xullo de 2006, Guinea Ecuatorial e Mauricio obtiveron o estatuto de Observador Asociado. De feito, Guinea Ecuatorial decidiu en 2007 adoptar o portugués como lingua oficial para ascender plenamente ao estatuto de membro permanente da Comunidade nun futuro próximo.

Temas: PORTUGAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

9 Anônimo

Visitade ista proposta prũa escrita do galego máis enxebre, máis coerente coa sua istória e coa galaicofonia odierna. Sempre levando em conta a pronúncia da Galiza atual (mais nom os castelanismos e estrangeirismos desnecessários). https://umnovoreintegracionismo.wor...

8 Olivia

Cómo que: "É a primeira vez que unha entidade galega entra a formar parte deste grupo que impulsa a lingua e a cultura lusófonas". Remítome a: http://www.galiciaconfidencial.com/...

7 galegoexiliado

Sempre me prejuntei por qué os galegos que se din nacionalistas odian tanto a Galiza. renegan das suas orixes galegas e castrexas e inventanse unha orixe de unha mítica raza, europea por suposto, nin galega, nin ibérica nin norteafricana, celta con filtro europeo, E na lingua renegan do galego e adoptan unha variante do galego como é o portujes, idioma ario de orixe celta e berce das linguas indoeuropeas, supoño eu, Celta, portujes .....todo menos galego, que ainda ai clases, oija.

1 crucificádevos

Para odio o seu...caro "jalejo". ¿Por qué será que a historia no é a que vostede quere? Fale de clases ho!...e diga de paso se o porteño ou o andalus semella mais castelán que o portugués galego. Todo o mundo sabe o futuro do galego se se fai o que vostedes pretenden ¿verdade? Un futuro brillante...coma o do castelán se se falase só en Valladolid e non tiveran integrado todo o que puideron do galego, catalán, maia, azteca, inca, taino, tagalo, francés, inglés etc. ¿Por qué non vai vostede a facer de isolata na praza da cebola?

2 Alonso Montero

Vai come-lo caldo.

6 Xanti

A fonte da foto é dun portugués anti acordo ortogràfico e anti inclusión de Galicia na organizaciòn xD

5 Lusofascista.

Fala ben fala portugués, e o galego pras vacas.