A Deputación de Pontevedra reclama que a explotación das augas termais sexa pública

A Deputación de Pontevedra reclamou que a explotación das augas termais pase a mans públicas, como expuxo o deputado pontevedrés Carlos López Font durante a súa intervención na reunión da Asociación de Vilas Termais da FEMP, que se celebra esta semana en Ariño (Teruel).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2018 | Actualizada ás 19:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra reclamou que a explotación das augas termais pase a mans públicas, como expuxo o deputado pontevedrés Carlos López Font durante a súa intervención na reunión da Asociación de Vilas Termais da FEMP, que se celebra esta semana en Ariño (Teruel).

López Font na reunión das da Asociación de Vilas Termais da FEMP
López Font na reunión das da Asociación de Vilas Termais da FEMP | Fonte: Europa Press

O tamén concelleiro en Vigo asegurou que o ente provincial ten "moita preocupación" ante a regulación do aproveitamento das augas termais que prepara a Xunta, como anunciou o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo.

Así, López Font remarcou que estas augas deben estar en mans "públicas" e que sería "indefendible" que a normativa do Goberno galego "salvagardase intereses privados" sobre un recurso como a auga.

Nesta liña, apuntou que a titularidade pública é unha demanda dos rexedores da provincia e xa é unha realidade en comunidades como Aragón ou Andalucía.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta