Pasa a disposición xudicial o presunto autor dun atropelo mortal en Culleredo (A Coruña) dado á fuga en xaneiro

O presunto autor do atropelo mortal dun home de 68 anos en Culleredo (A Coruña), en xaneiro deste ano, pasou a disposición xudicial após ser detido o venres despois dunha investigación na que colaboraron policías locais de varios concellos e a Garda Civil.

A CORUÑA | 24/02/2018 | Actualizada ás 12:04 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presunto autor do atropelo mortal dun home de 68 anos en Culleredo (A Coruña), en xaneiro deste ano, pasou a disposición xudicial após ser detido o venres despois dunha investigación na que colaboraron policías locais de varios concellos e a Garda Civil.

Segundo informaron fontes da investigación, o home pasou a disposición xudicial e está este sábado no xulgado de instrución número 1 da Coruña.

Representantes da Policía Local de Culleredo e da Garda Civil explicaron o venres que se trata dun home de mediana idade que, á espera da confirmación de Tráfico, tiña o carné retirado.

Após a súa detención, despois dunha investigación na que se rexistraron 500 vehículos, o home, de mediana idade, recoñeceu os feitos. O atropelo produciuse cunha furgoneta prestada xa que el non era traballador da empresa propietaria.

O vehículo foi localizado en Arteixo (A Coruña) como resultado dun despregamento policial e unha investigación na que se chegou a ter a 8.000 vehículos nun rexistro para dar co autor dos feitos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta