Ferida unha persoa nun accidente múltiple en Carballo (A Coruña)

Unha persoa resultou ferida este luns ao chocar varios vehículos na avenida Fisterra de Carballo, á altura dun concesionario de vehículos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2017 | Actualizada ás 19:25 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida este luns ao chocar varios vehículos na avenida Fisterra de Carballo, á altura dun concesionario de vehículos.

Segundo informou o CAE 112 Galicia, foi un particular quen alertou do suceso ás 16,40 horas.

O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 puxo os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias e dos Bombeiros de Bergantiños.

Tamén foi informada Protección Civil, a Policía Local e a Garda Civil de Tráfico.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta