A alcaldesa apunta que Aena trasladoulles que o aeródromo de Santiago ten "suficiente capacidade" para asumir estas operacións.
Preguntado sobre porque a súa interlocución co Goberno arxentino fora a través dun subsecretario de Pesca, dixo que falou coas persoas con "capacidade de decidir" todo o relacionado coa política pesqueira arxentina.
  comenta   0
Nesta cita, organizada por 'Ourense Rural é Vida' e celebrada en San Xoán de Río, centraron o debate os problemas de vivenda e mobilidade. “Está Ourense preparada para atraer o novo movemento ruralista?”, foi o título que deu pé á controversia.
  comenta   0
O Goberno galego contará desde este luns, unha vez que tomen posesión dos seus cargos, con catro caras novas nun Consello da Xunta que estará encabezado por Alfonso Rueda como presidente e integrado por 12 consellerías que dirixirán cinco mulleres e sete homes.
  comenta   0
A universidade lanza o programa piloto 'éBici'. Haberá 20 bicicletas en catro postos instalados nas facultades de Filoloxía e Odontoloxía, na Concepción Arenal e no Clínico.
  comenta   0
"En canto estean os movementos de conselleiros e conselleiras que teñan distintas competencias, poder facer esa reunión para ver cal é a solución global que se lle dá a toda a mobilidade na contorna do Clínico, con esa posibilidade de facer alí non só un aparcadoiro, senón mellorar os accesos e facer unha solución global", argumentou Sanmartín.
  comenta   0
O operador ferroviario Renfe prevé que os trens Avril comecen a operar na liña Madrid-Galicia "como tarde" o 21 de maio. Espérase comezar a recibir as primeiras unidades dos trens Avril de Talgo a finais da semana que vén de forma graduada ata o 22 de abril.
  comenta   0
"Talgo díxonos que os trens se entregarán a partir do 8 de abril, pero tamén nos dixo anteriormente que nolos entregaba o día 1 e isto non se produciu, así que non podo comprometer unha data. Pero si parece que estamos xa moi preto, estamos a falar probablemente de días ou como moito de semanas", explicou Óscar Puente.
  comenta   0
Tamén se pode desgravar ata o 15% (cun límite de 4.000 euros) pola instalación dun punto de recarga no domicilio
  comenta   0
"A pesares de estar habilitado un desvío debidamente indicado, estamos a sufrir un tráfico de vehículos excesivo e a unha velocidade inapropiada, que pon en risco aos veciños, na súa maioría maiores de 60 anos e coa mobilidade reducida", denuncia Vanessa, unha veciña da aldea de Vilariño. Dende o Concello pedíronlles que teñan coidado ao saír da casa mentres duren as obras, é dicir, durante 2 ou 3 meses.
  comenta   0
Os bombeiros detectaron grandes cantidades de lixo por toda a vivenda que poden xerar problemas de salubridade.
  comenta   0
Deixará a Consellería, mentres que Miguel Santalices continuará como presidente e Elena Candia como vicepresidenta primeira.
  comenta   0
Asegura que para Galicia só se ofrecen un 5 % das prazas que Galicia ten á semana en conexión con Madrid a 25 euros, mentres que en Asturias son un 12 %. Tamén afea ao Goberno Central que "non se toma en serio" a conservación da A-6, que considera que está nun estado "calamitoso".
  comenta   0
O xigante tecnolóxico contempla o recén inaugurado ascensor como un monumento, pero non inclúe o seu uso, polo que para chegar dende Vialia ata a estación de Vigo-Guixar, por exemplo, manda á xente a facer un rodeo de 1,2 quilómetros cando podería chegar percorrendo só 450 metros e aforrándose 10 minutos collendo o Halo.
  comenta   0