A Xunta anuncia unha nova Estratexia de Mobilidade 2050 metres critica os "anuncios" do Goberno central

Diego Calvo di que van "moitos anos que cada anuncio --do Goberno de Sánchez-- que se fai acaba convertendo en papel mollado".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2024 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

O Goberno galego deu luz verde este luns á Estratexia de mobilidade que ten como horizonte 2050 e que presenta varios fitos ata esa data. Entre elas, que o 30% dos desprazamentos non estean motorizados en 2030 ou que o 90% da poboación estea a menos de 30 minutos do seu centro sanitario de cabeceira en 2040 e que nesa mesma data toda a poboación teña ao alcance de 15 minutos unha vía de altas prestacións. Anuncios que a Xunta fai para dentro de 8,18 e 28 anos mentres critica os "anuncios" en transportes do Goberno central.

Na rolda de prensa posterior á reunión semanal do executivo autonómico, o mandatario autonómico deu algunhas pinceladas desta estratexia, que mobilizará 420 millóns de euros, dos cales, segundo explicou o conselleiro de Presidencia --que integra as competencias de mobilidade--, Diego Calvo, a metade correspóndense coa Administración autonómica e o resto entre a do Estado e as administracións locais, que tamén están implicadas.

O documento recolle un centenar de medidas, que teñen como obxectivos reducir as necesidades de desprazamento, reducir a distancia dos traslados, as emisións contaminantes e os accidentes de tráfico. Na súa intervención, Diego Calvo explicou que este documento de máis dun ano de traballo marca a folla de ruta a seguir para facer os desprazamentos "máis sustentables e seguros". "Trátase de definir a mobilidade que Galicia quere para o futuro inmediato", sinalou o conselleiro de Presidencia, quen subliñou que se trata de "reducir a necesidade de desprazamentos, distancias, emisións contaminantes e accidentes de tráfico". Nesta liña, outro dos obxectivos busca alcanzar as emisións cero no transporte de mercadorías en 2050.

Con eixos como o traballo, funcionalidade, sustentabilidade, innovación, seguridade e economía, elaborouse este plan de acción que contén 99 medidas, 12 programas, 30 subprogramas e mobiliza 420 millóns de euros. Todo iso, relacionado cun plan director de estradas, que está dotado de 1.538 millóns de euros e o plan de transporte público, con 650 millóns. Diego Calvo tamén pediu "certezas" ao Goberno central sobre os transportes e, especificamente, sobre a alta velocidade, posto que xa van "moitos anos que cada anuncio que se fai acábase convertendo en papel mollado".

Neste sentido, o conselleiro de Presidencia referiuse tamén á necesidade de impulsar zonas de baixas emisións nas cidades, facer posible un billete combinado de bus-barco-tren, mellorar o desenvolvemento de aplicacións para que o usuario coñeza a chegada do seguinte medio de transporte ou mellorar o transporte de ría, xunto con medidas como son as sendas peonís, aparcadoiros disuasorios ou ampliar a rede de recarga de vehículos eléctricos. En definitiva, Diego Calvo indicou que se trata de mellorar as infraestruturas que dependen da Xunta e que o Goberno central tamén execute as pendentes para favorecer o cumprimento dos obxectivos.

Diego Calvo, conselleiro de Presidencia, xunto co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, antes da rolda de prensa do Consello do luns 6 de maio. DAVID CABEZON @ XUNTA
Diego Calvo, conselleiro de Presidencia, xunto co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, antes da rolda de prensa do Consello do luns 6 de maio. DAVID CABEZON @ XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta