Chegará o tren 'low cost' de Renfe a Galicia este ano?

O Goberno central insiste en que si.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 19/04/2024 | Actualizada ás 16:46

Comparte esta noticia

O Goberno mantén que o tren 'low cost' de Renfe chegará a Galicia este ano, segundo aseguraron fontes do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana consultadas por Europa Press.

Tras o inicio da venda dos billetes dos trens Avril a Galicia, que permitirán a chegada da alta velocidade a cidades como Santiago, Vigo ou A Coruña a partir do día 21 de maio (xa que ata agora só chega a Ourense), neste momento falta coñecer cando comezará a operar Avlo en Galicia, que comercializa trens a baixo custo.

Xa a finais de 2021, Renfe anunciara que Avlo chegaría a Galicia. Ademais, en secretario de Estado de Transportes, David Lucas, ratificou en outubro de 2023 que Avlo circularía no primeiro trimestre de 2024 por Galicia, do mesmo xeito que os Avril.

Con todo, agora que xa se anunciou a chegada dos Avril, descoñécese aínda cando estarán dispoñibles os trens de baixo custo. As mesmas fontes indicaron que aínda "non hai data definida", pero que chegarán "nalgún momento deste ano", como se anunciou.

Un tren de Avlo
Un tren de Avlo | Fonte: Edu Botella - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ferroviario

Os trens de baixo custo por dentro son prácticamente iguais que os outros. Cambia o color de fora e pouco mais. . Son casi mais importantes as ofertas, os prezos que se poden conseguir comprando con moita antelación qiue os trens da baixo coste, que desde logo tamén están ben . Pero hai prezos normais a partir de 40 euros a Madrid, con moitra antelación, así que tampouco é precisamente algo elitista.