O BNG pide que non se suprima a última conexión entre Ourense e Lugo para os viaxeiros que chegan a Ourense no último convoi da xornada.
  comenta   0
O BNG culpou á Xunta "de esconderse das súas responsabilidades" e cualificou de fundamental a posta en marcha dun tren de proximidade galego para interconectar vilas e cidades. "A día de hoxe pode ser máis sinxelo chegar a Madrid", lamentou.
  comenta   0
O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Ponte, reuniuse este martes co alcalde de Vigo, Abel Caballero, para abordar temas de interese común en materia de mobilidade sustentable e infraestruturas, facendo fincapé no impulso ao tren en Galicia e na importancia do Saída Sur ferroviaria da cidade olívica.
Tras varios atrasos na súa comercialización, os billetes para os trens Avril saían este xoves á venda e en Galicia a súa comercialización foi masiva. En menos de 24 horas vendéronse máis de 13.000 billetes.
  comenta   0
O presidente galego quéixase dos "incumprimentos" que sufriu Galicia e o BNG di que a medida non soluciona os problemas ferroviarios do país. A Asociación de Usuarios de Media Distancia pide "un canal propio para aboados, con acceso a prazas baleiras last minute".
  comenta   0
O BNG rexistrou varias iniciativas para reclamar ao Goberno central unha "planificación efectiva" e unha programación das frecuencias e servizos dos trens Avril a Galicia, así como unha política tarifaria para as "maiorías sociais".
  comenta   1