O BNG insta a Feijóo a "abandonar o negacionismo" ante a emigración xuvenil e impulsar un "plan retorna"

Pontón asegura que os plans da Xunta sobre demografía "non son máis que unha quimera"

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2017 | Actualizada ás 13:41 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a "abandonar o negacionismo" ante a emigración xuvenil e impulsar un "plan retorna" que poña fin a este "problema estrutural agudizado durante a crise".

Nunha rolda de prensa ofrecida este luns, a líder do Bloque asegurou que a emigración xuvenil é "un problema grave" que "debería formar parte da axenda de prioridades nun país como Galicia" que, como lembrou, ten dificultades "tan importantes" desde o punto de vista demográfico.

Neste sentido, censurou que o Executivo de Feijóo "venda fume sobre supostos plans demográficos" cando "non quere atender un problema que afecta directamente á demografía galega" como é "o feito de que cada ano emigren miles de mozos". "A única resposta da Xunta é en negacionsimo e a instalación no triunfalismo 4.0", denunciou.

Así, asegurou que, segundo o padrón de residentes no estranxeiro, en 2009 había "383.600 galegos que residían" noutros países. "Con datos do 2016, a cifra supera as 500.000", lamentou.

Por iso, emprazou ao presidente da Xunta a introducir nos orzamentos para 2018 unha "prioridade política" que se chame "plan retorna" que permita "dicirlle aos mozos que se marcharon" de Galicia que "se lles vai a dar a oportunidade de volver".

EIXOS

Segundo explicou a portavoz nacional do BNG, este "plan retorna" debe incluír cinco programas específicos: o retorno de investigadores, a incorporación laboral en sectores estratéxicos, o apoio á localización de emprego en empresas manufacturares e industriais, axudas ao emprendimiento e, por último, medidas de política social, como apoios para o aluguer de vivendas.

"O Goberno galego está a perder unha oportunidade, todos os plans fantasmas de demografía non son máis que unha quimera, propaganda 4.0 de Feijóo", asegurou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta