As Xuventudes Socialistas critican que Rueda "quedase a medio gas" na gratuidade das matrículas universitarias

O secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG), Xurxo Doval, dixo que se trata dunha medida "de clases". "Fixeron unha medida de clases, omitindo a necesidade da súa universalidade. Non se pode condicionar a gratuidade aos aprobados, a meritocracia non existe salvo que sexas rico", sostivo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2024 | Actualizada ás 16:25

Comparte esta noticia

O secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG), Xurxo Doval, criticou que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quedase "a medio gas" na medida para a gratuidade das matrículas universitarias. Nunha rolda de prensa ofrecida este venres na sede do PSOE compostelán, na que fixo un chamamento á cidadanía a concentrarse diante das sedes locais do partido este sábado ás 11.00 horas en apoio ao líder do PSOE e presidente do Goberno, Pedro Sánchez, Doval dixo que se trata dunha medida "de clases".

"Fixeron unha medida de clases, omitindo a necesidade da súa universalidade. Non se pode condicionar a gratuidade aos aprobados, a meritocracia non existe salvo que sexas rico", sostivo para criticar tamén que "se deixase de lado a extensión da iniciativa aos másteres" e que "non fosen claros co seu financiamento".

Na súa intervención, ademais, Doval referiuse á resolución por parte da Xunta das axudas do Bono Alugueiro Mozo para criticar que o PP galego teña "a cara tan dura" para tardar dous anos en resolver unha convocatoria simple, que dependía só "da orde de chegada". "Aínda por encima pon como escusa que non teñen diñeiro, cando o 70 % do orzamento de vivenda son fondos estatais ou europeos, e deixan sen executar máis da metade", censurou nunha intervención na que reprochou a falta de vontade política do PP galego para solucionar os problemas nesta materia.

O secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG), Xurxo Doval, na sede do PSOE composetelano
O secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG), Xurxo Doval, na sede do PSOE composetelano | Fonte: XSG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta