A Audiencia Provincial de Lugo xulga este xoves, 18 de abril, a un home para o que se piden 15 anos por malos tratos habituais e agredir sexualmente de forma continuada á súa parella.
O Galicia Confidencial comeza hoxe unha nova serie de entrevistas con motivo do Día da Muller o próximo venres 8 de marzo. "Custoume entrar no sector; sempre me dicían 'eres muller e non quero problemas'", lembra Maruxa que ao longo da súa traxectoria profesional tivo que escoitar moitos comentarios machistas. "Eu creo que chega un momento, ás veces, no que normalizamos comentarios que non temos que normalizar", di.
  comenta   0
"Moitas veces se as leis non se seguen endurecendo a xente esquécese do malo que pode chegar a ser o consumo de tabaco, e chega un punto no que mesmo normaliza o hábito, que é algo que pode pasar", plantexa a investigadora postdoutoral.
  comenta   0
Retomando a nova redacción do artigo 49 da Constitución española de 1978, alén do rechamante que resulta que as mulleres aparezan equiparadas, como foi tradicional ao longo da historia, aos menores de idade, é evidente que non todos os discapacitados teñen as mesmas necesidades; non obstante, estas non dependen en absoluto do xénero.
  comenta   0
Está impulsado dende a Área de Benestar Social e realízase a través da educadora familiar con rapaces e rapazas de 6º de primaria, 2º e 4º de secundaria.
  comenta   0
O doutor en Psicoloxía e profesor da USC Antonio Rial Boubeta plantéxase repensar como se están abordando os casos de agresións: a policía debe estar formada para darlle confianza á vítima, non xulgala; habería que pensar se é preciso chamar aos pais ao momento; deberían poñerse os medios tanto xudiciais como psicolóxicos precisos dende as propias Administracións...
  comenta   0
Os costumes entre persoas que pagan por sexo tamén cambiaron coa chegada da Internet. Se antes os prostíbulos estigmatizaban ás persoas que exercían a prostitución dentro, agora a rede ofrece certo anonimato tanto a persoas prostituídas como consumidoras de sexo de pago. Alén diso, a rede tamén está favorecendo a aparición de comportamentos como o sexting, chantaxe mediante a ameaza de difusión de imaxes íntimas pola rede. A persecución dos novos modelos de prostitución mediante plataformas online é difícil cando non case imposible.
  comenta   0
Melania Cristina Domínguez, docente na Universidade de Las Palmas de Gran Canaria. Visitou Galicia para falar da realidade LGTBIQ+ e defende que "o sexo pode ser múltiple, xa que se debe realmente a unha interrelación entre cerebro e hormonas, e non ter por que vir dado pola xenitalidade".
  comenta   0
As novas tecnoloxías trouxeron consigo novas formas de violencia de xénero, como a violencia sexual, presente na pornografía, á que ten acceso calquera adolescente, aínda sendo menor de idade. Nela reprodúcense estereotipos e roles de xénero vinculados á cultura heteropatriarcal, sobre os que se constrúe en gran parte a identidade sexual dos mozos e mozas galegos.
  comenta   1
Tik Tok está cheo de bailes de nenas menores de idade que cousifican o seu corpo, quizáis sen darse de conta ou ben sendo plenamente conscientes, reproducindo letras de cancións dos seus ídolos que se basean nas relacións sexuais nas que se exerce violencia sobre a muller. Esta é a opinión de Jorge García Martín, un experto da USC, sobre a cuestión.
  comenta   0
A historiadora Zulema Olivencia conta que a prostitución heterosexual exercida por mulleres foi recollida xa por filósofos como Platón ou Cicerón, non así a heterosexual exercida por homes ou a homosexual, que se trataba de ocultar. Na cidade de Ostia e na de Pompeia atopáronse espazos nos que se tería practicado sexo, con pinturas de carácter homoerótico. Tamén en Pompeia apareceron gravados nas pedras nos que se lía a palabras 'cunnilingus', e detrás dos que se poñían os homes que ofrecían eses servizos ás mulleres.
  comenta   0
Este sábado celébrase o Día Internacional da Bisexualidade. "Na sociedade todo é moi binario: home ou muller, e había que rachar iso para introducir a transexualidade, a xente non binaria... E agora toca rachar co mito da orientación", advirte Ferreiro.
  comenta   0
Un estudo realizado polos grupos do CiMUS da USC 'Gliatime' e 'NeurObesity', dirixidos por Olga Barca e Miguel López, respectivamente, descubriu que o mantemento do equilibrio enerxético é diferente en ratos macho e femia e que son os astrocitos, un tipo de células cerebrais, os responsables destas diferenzas.
  comenta   0
Distintos informes vinculan a situación económica e o consumo de determinadas substancias co aumento do suicidio.
  comenta   1
Se nos comparamos co resto de Europa pode haber sorpresas.
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enmarcou a promesa do líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, de eliminar ao Ministerio de Igualdade en que, cunha menor burocracia, "ás veces poténcianse resultados".
  comenta   0
Só un 14,5% das nais galegas tiña entre 25 e 29 anos en 2021. O número de nacementos foi de 14.787 bebés, un 3,02% menos
  comenta   0
O Concello de Allariz oferta dende hai varios anos un ciclo de educación sexual para alumnado de Primaria e da ESO. Este ano tamén se realizou un obradoiro para profesorado de Primaria.
  comenta   1
1 de cada 4 persoas desta franxa de idade admite que non o usa, o que está moi relacionado co aumento de infeccións de transmisión sexual entre o 2016 e 2019
  comenta   0
Estas son 10 claves para comprender esta somnolencia e tratar de evitala.
  comenta   0
O Califa de Córdoba conseguía ruborizar ao Presidente do Goberno Felipe Gonzalez denunciando as súas políticas ultra liberais, e o Isidoro da Cia tacháballe de comunista a modo de insulto ou descualificación. Insistía Julio Anguita que non era de recibo buscar subterfugios para tapar as políticas liberais acudindo a temas de alcoba ou intimas.
  comenta   0
As titulacións que teñen maior inserción son as de ciencias da saúde e as enxeñarías; as de menor, ciencias e humanidades
Nove de cada dez mulleres con esta enfermidade e o 100% das súas parellas presentan disfunción sexual, segundo un estudo no que participaron a USC e a UDC. Os expertos piden prestar atención ao sexo como parte da recuperación. Galicia é a terceira autonomía con maior taxa de cancro de mama por 100.000 habitantes.
  comenta   0
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, clausurou este xoves o acto de conmemoración do Día Mundial da Sida, onde destacou a tendencia á baixa na incidencia do VIH en Galicia
  comenta   0
O reggaeton ocupa os primeiros postos das listas de éxito e é o xénero musical preferido polos adolescentes, tal e como amosan as redes sociais, o que pode poñer en risco os avances da loita feminista
  comenta   0
Pontón (BNG) preguntará polos orzamentos "insolventes e insolidarios" e Álvarez (PSdeG) por que medida suple o cartón básico
  comenta   0
Especialistas tentan desmitificar as falsas crenzas que existen ao redor da dor crónica. Nin é un factor só psicolóxico, nin afecta máis as mulleres.
  comenta   0
Así o conclúe un estudo que acaba de publicarse na revista Obesity e que é froito do traballo dun equipo investigador da USC e da universidade estadounidense de Brown
  comenta   0
A actriz galega presenta en Curtocircuito 'Memoria', co que busca "axitar conciencias desde a beleza" sobre o cambio climático e o legado dos maiores.
  comenta   0
A defensa deste pensionista anima aos homes a reclamalo en base a unha sentenza europea do ano 2019 que lles recoñeceu este dereito
  comenta   0
Son os resultados dunha análise de case 43 millóns de persoas de 13 anos ou máis que recibiron polo menos unha dose da vacina contra a COVID-19 en Inglaterra.
  comenta   0
Actualmente unhas 13.652 persoas xa accederon á profilaxis preexposición ao VIH (PrEP) para a prevención desta enfermidade.
  comenta   0