Segundo o presidente da Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, nesta extensa reunión tamén pediron ampliar a dotación de psicólogos para pacientes de cancro, así como mellorar o servizo de atención ao doente porque actualmente "non resolve os problemas"
  comenta   0
O traballo identifica un axente terapéutico que elimina de forma selectiva as células cancerosas. O cancro de tiroides máis agresivo ofrece actualmente moi poucas opcións de tratamento efectivas, cunha taxa de supervivencia de cinco anos de apenas o 5 %.
O EMDR é unha técnica de tratamento psicolóxico a través da que se realiza unha desensibilización e reprocesamento por medio de movementos oculares ou estimulación bilateral, pode ser moi eficaz para superar acontecementos traumáticos. A psicóloga do CHUAC Anabel González explica no I Congreso Nacional de Psicoloxía nas Emerxencias como os traumas poden paralizarnos e como se poden tratar.
  comenta   0
SATSE reclama máis presenza e maior recoñecemento para as matronas nos hospitais e centros de saúde. Pide que haxa, polo menos, unha matrona en cada equipo de Atención Primaria e que poida derivar pacientes a distintos médicos especialistas.
  comenta   0
Rede, a Federación de asociacións de familiares e usuarias de residencias e da depencencia, denuncia que a alerta chega on cinco días de atraso.
  comenta   0
CIG- Saúde denuncia que as "infraestruturas inadecuadas" e os "cadros de persoal deficientes" poñen en risco a integridade física dos traballadores.
  comenta   0
José López Campos, manifestou que, "sen dar unha mensaxe triunfalista", o mundo da cultura galega "está nun bo momento" e destacou que a decisión de crear un departamento que inclúa Lingua mostra "sensibilidade" por este ámbito no Executivo de Alfonso Rueda. Gómez Caamaño recolle a testemuña de Comesaña nas instalacións do Sergas: "Quero pór ao paciente no centro".
  comenta   0
As cifras melloran os datos do ano anterior, pero están moi lonxe dos prepandemia, cando as consultas tardaban 30 días menos de media.
  comenta   0
A CIG levará a cabo ata mediados de xuño reparticións informativas e distintas concentracións en centros de saúde e hospitais. O punto final da campaña será unha mobilización de carácter autonómico ante a sede do Sergas, en Santiago.
  comenta   0
A Asociación de Usuarios e Pacientes do CHUS pide que se remate coas listas de agarda en Oncoloxía, o SLG quere que se elimine a burocracia no agro, a Mesa que se active o Plan de Normalización Lingüística e a Confederación de Empresarios de Galicia evitar a saída de talento mozo e paliar a crise no consumo.
  comenta   0
Cuestionado pola situación das expropiacións necesarias para construír o 'Novo Chuac', o conselleiro de Sanidade asegurou que están "moi avanzadas e algunhas acabadas", nun proceso que foi "moi consensuado" e con "alternativas ben resoltas".
A Asociación de Persoal de Servizos Xerais do Sergas (APSX) reclamou este mércores de novo a retirada do programa de Xestión Integral da Demanda en Equipo (XIDE), que supón, denuncian, "un risco para os pacientes".
  comenta   0
O Teatro Principal acollerá o acto de recoñecemento e entrega das medallas de Ouro da cidade e os títulos de fillos predilectos ou adoptivos.
  comenta   0
A Xunta iniciou un programa piloto de cribado de cancro de pulmón a 1.200 pacientes "con alto risco", fumadores ou exfumadores de entre 55 e 74 anos, no centro de saúde do Ventorrillo, na Coruña.
En rolda de prensa, instaron á Consellería de Sanidade a presentar "un traballo con validez clínica" para demostrar o correcto funcionamento deste plan, que consideran que "non cumpre as condicións éticas e deontolóxicas" e "vulnera o dereito á confidencialidade e a seguridade dos pacientes".
  comenta   0
Actualmente, os cribados están destinados unicamente a persoas de entre 50 e 69 anos. Desde o TTD insisten na importancia da detección temperá para aumentar as posibilidades de curación.
  comenta   0
Internistas urxen en Santiago atallar o "alto infradiagnóstico medio" da EPOC que é superior ao 80%. Abordaron a relación entre a EPOC e os trastornos ou disfuncións sexuais e as implicacións do consumo de alcol nesta enfermidade.
  comenta   0
A ministra de Sanidade, Mónica García, apostou por implantar gardas de 17 horas antes de abolir definitivamente as de 24 horas a través dunha reforma no Estatuto Marco, porque é un cambio "estrutural" que ten que darse "aos poucos" e "progresivamente".
  comenta   0