Segundo informou a Deputación de Lugo, que achegou 6.000 euros e levou tres exemplares procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, o prezo medio dos animais foi de 2.516 euros. O máis elevado ascendeu a 2.850 euros.
"Converteremos o despoboamento rural nunha prioridade de ámbito europeo, incorporando beneficios automáticos na concesión de fondos europeos para as rexións máis despoboadas e aumentaremos o orzamento da PAC, asegurándonos de que inclúe e respecta as particularidades do medio rural galego", explicou Paula Prado.
  comenta   0
O coñecido debuxante galego xa tivera un contacto anterior coa D.O. Valdeorras ao publicar no 2018 un caderno no que ilustra, con acuarelas e notas escritas, as súas vivenzas nunha vendima. A Feira do Viño será os días 1 e 2 de xuño.
  comenta   0
O xornalista pontevedrés leva moitos anos vinculado á TVE e é un dos rostros máis coñecidos dos espazos informativos da televisión pública.
  comenta   0
Celebrará a súa novena edición entre o 21 e o 23 de maio no Instituto Feiral de Vigo, estreará este ano unha Zona de Innovación, grazas ao apoio do Consorcio da Zona Franca.
Unhas festas que apostan polo folk e o baile tradicional. Haberá un Dron Festival, actividades para nenos e o concerto 40 Pop, con David Otero, ademais das citas tradicionais
A 24 Mostra do Aceite de Quiroga celebrarase este domingo 21 de abril con sete expositores e outros postos de produtos e artesanía locais no lugar das Farrapas, en Bendilló.
Este domingo 21 de abril celebrará a XV Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto cun programa máis amplo que noutras edicións e máis artesáns participantes.
  comenta   0
A organización confirma o éxito deste foro sinalando como dato revelador que "o ratio de visita por venda de coche aumentou respecto a outros anos".
  comenta   0
Funergal, a única feira internacional no país do sector funerario, celebrarase en Ourense entre o 16 e 18 de maio coa presenza de nove países: España, Portugal, Italia, Países Baixos, Polonia, México, Ecuador, O Salvador e China.
  comenta   0
O concelleiro de Educación da Coruña, Juan Ignacio Borrego, destacou a calidade e a orixinalidade dos traballos presentados, que orbitaron ao redor da temática das artes, ciencia e tecnoloxía. Os tres equipos premiados viaxarán a Bilbao para visitar a feira científica Zientzia Azoka.
A cita inaugural será en Ferrol, do 19 ao 21 de abril, seguida de Santiago de Compostela do 27 de abril ao 5 de maio. O mes de maio tamén haberá feiras no Porriño, do 9 ao 12, e Lugo, do 13 ao 17. Os meses de xuño e agosto as citas literarias serán en Ourense, Redondela, Vigo, Ponteareas, Rianxo, A Coruña, Viveiro, Foz e, por último, Monforte de Lemos.
  comenta   0
Celébrase a fin de semana do 6 e 7 de abril ofrecendo ademais unha gran área de exposición e venda coa presenza de 30 expositores e 20 clubs de afeccionados, moitos deles de ámbito nacional.
  comenta   0
A que fora portavoz da sección xuvenil da UGT é hoxe responsable de Comunicación da Federación Estatal de Servicios, Movilidad y Consumo, e colaboradora habitual de mesas políticas dos programas Espejo público (Antena 3), Al rojo vivo (La Sexta) e La Sexta Xplica.
O Concello de Monforte vén de presentar a programación oficial da que será a XX Feira Medieval, un evento que, en palabras do seu Alcalde, "constitúe unha das citas de lecer mais importantes de Galicia na fin de semana de Semana Santa”. Cun orzamento que rolda os 100.000 euros, a cidade mergullarase no medievo e tanto veciños como visitantes gozarán dun amplísimo programa de actividades, algunhas delas non antes vistas.
Será os días 29, 30 e 31 de marzo, contará con 14 adegas expositoras e unha programación na que primará a música tradicional. O pregón deste ano correrá a cargo de Afra Blanco, coñecida colaboradora de televisión con raíces no Nocedo.
A cidade alemá de Düsseldorf é a nova parada promocional dos viños de Valdeorras, que do 10 ao 12 de marzo poden degustarse nunha das máis prestixiosas feiras europeas do sector.
  comenta   0
Comeza a conta atrás para a celebración dun dos acontecementos máis relevantes para a cidade que terá lugar os días 30 e 31 de marzo. Camiño desas datas o concello vén de presentar a campaña que promove o evento e anuncia tamén que solicitará á Xunta a declaración de 'Feira de Interese Turístico Galego'.
O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, destacou a importancia da presenza da Xunta na feira internacional ProWein, en Alemaña, para promocionar a "calidade diferenciada" dos viños galegos.
  comenta   0
No recinto feiral estarán representadas 15 adegas, haberá catas (oficial e popular), e un Túnel do Viño. Paralelamente terán lugar a XV Feira de Oportunidades e a XIV Mostra de Produtos de Artesanía, que organiza a Asociación de Empresarios de Chantada CCA Ribeira Sacra. O pregón, que será o domingo 10, correrá a cargo da escritora Fina Casalderry.
  comenta   0
O concello vén de publicar as bases de participación da primeira edición deste certame destinado á participación de todo o tecido hostaleiro da vila. Terá lugar os días 14, 15 e 16 de marzo, coincidindo coa celebración das festas patronais de San Lázaro.
  comenta   0
O Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras vén de acordar a nova data de celebración da XXV Feira do Viño, o que supón adiantala unha semana en relación ao anunciado tempo atrás.
  comenta   0
O evento é o único dedicado ao peixe e o marisco de Alemaña e alberga 320 expositores de 27 países diferentes coa asistencia de 10.000 visitantes de máis de medio cento de nacionalidades.
  comenta   0
Un informe elaborado pola Universidade de Vigo, por encargo do Consorcio de Zona Franca, cifra en 619 millóns de euros a cifra de negocio xerada pola feira Conxemar e o congreso da FAO que se celebra simultaneamente. A asociación volve urxir a ampliación do Ifevi: "O contrario sería botarnos".
Aqueles que visiten este prestixioso salón entre o 5 e o 7 de febreiro poderán atopar ata 26 referencias distintas no stand da Denominación de Orixe.
  comenta   0
O terceiro día de campaña péchase marcado por dúas citas masivas de diferente índole: a protesta da sanidade e a Feira do Cocido.
  comenta   0
Referencias vinícolas da comarca, maridadas con pratos elaborados a partir de produtos gastrónomicos autóctonos de Valdeorras como o botelo ou a cachucha, centraron a presentación impulsada dende a Ruta do Viño de Valdeorras no recinto feiral do IFEMA a cargo do chef José Manuel Mallón.
  comenta   0
O expositor institucional da Xunta alberga preto de medio cento de presentacións. Nesta edición 2024, Galicia reivindicarase como un destino de calidade, sustentable, diferenciado e respectuoso e todas estas actividades levarán a cabo no renovado expositor temático deseñado cun alto grao de orixinalidade ao redor dos recursos ligados á auga en todas as súas vertentes.
  comenta   0
Pese ao escenario "volátil" provocado polas eleccións, a alcaldesa ve "factible" implantar a taxa turística antes de final de ano.
  comenta   0
Segundo Turismo de Galicia, tívose en conta tamén o proceso artesanal da manufactura, que terá cabida na exposición xunto á gastronomía, o termalismo, os mananciais, ríos e fervenzas, entre outras experiencias turísticas.
  comenta   0
O 18 de decembro decidíase no Pleno do Consello Regulador que os caldos do territorio amparado estiveran presentes na Feira Vinexpo, unha das máis relevantes de Europa e que se celebrará entre o 12 e o 14 de febreiro.Tamén se falou da vindeira Feira do Viño, que no 2024 chegará á súa 25 edición.
  comenta   0
Achégase o día marcado no calendario da capital da Terra Chá coa súa tradicional feira con este producto estrela e falamos con dous criadores para coñecer como se presenta.
  comenta   0
Será os días 8, 9 e 10 de decembro e contará con vinte e sete postos temáticos de artesanía, decoración e alimentación. O recinto contará tamén con animación musical e actividades para a cativada.
  comenta   0
A décimo sexta edición abriu as súas portas este venres no Recinto Feiral de Pontevedra.
  comenta   0
Este pasado domingo 26 de novembro pechaba as súas portas tras 2 citas, unha co vehículo novo e a máis recente dedicada ao vehículo de ocasión. Segundo a organización alcanzáronse as expectativas tanto de vendas como de visitas.
  comenta   0